Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Curso Ponte Grao en Criminoloxía

  • En extinción
  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503038

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA MARIA GUDE FERNANDEZ

    Coordinador-a do título:
    Fernando Antonio Vazquez-Portomeñe Seijas

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    26/12/2018 (corrección de erros do 7/05/2021)

    Data da última acreditación:
    12/12/2024

  • Non se contemplan itinerarios nin mencións para esta titulación.

  • Esta formación multidisciplinar do criminólogo permítelle intervir tanto nas esferas de prevención da delincuencia como de reacción fronte ao delito, polo que o seu campo profesional é extenso, indo da administración de xustiza, ata a seguridade pública ou privada, pasando polo terceiro sector e a atención a vítimas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O plan de estudos do grao en criminoloxía contempla a realización dun Practicum obrigatorio de 16,5 créditos. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.

    Para poder formalizar a matrícula no Practicum, os alumos deberán ter superadas as seguintes materias:

    -Todas as materias de primeiro e segundo curso.

    -As seguintes materias de terceiro curso:
    G3191321 Delincuencia e xustiza xuvenil
    G3191323 Penoloxía e ciencia penitenciaria
    G3191326 Psicoloxía criminal II
    G3191327 Avaliación e tratamento do delincuente
    G3191330 Proceso penal
    G3191331 Psiquiatría forense
    G3191332 Vitimoloxía

    -A seguinte materia de cuarto curso:
    G3191422 Medicina legal e criminalística

    Os procedementos para a realización do practicum axústanse á normativa que a este respecto ten a USC, aprobada en Consello de Goberno (29/07/2015)3 e ao do Sistema de Garantía de Calidade da facultade de Dereito. Organizaranse e administrarán, co fin de garantir a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado por parte do alumnado. Para iso, o alumnado terá un/a titor/a externo/a, pertencente á institución en que se leve a cabo as prácticas, que se coordinará cun/a titor/a académico/a que realizará a avaliación en función da memoria que o alumnado debe realizar e do informe emitido polo/a titor/a externo/a.

    Poderán realizarse en organismos ou entidades colaboradoras, tales como empresas, entidades públicas e privadas relacionadas co ámbito da criminoloxía nun sentido amplo. Na actualidade, a Facultade de Dereito ten convenios de prácticas activos con numerosas empresas e institucións que son susceptibles, polos seus obxectivos e contidos, de ser ampliados e ofertados aos alumnos da propia facultade no futuro grao en criminoloxía.

  • Os alumnos deberán realizar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo da titulación. A facultade, por proposta do coordinador do programa, fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos, e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta e o titor ou titores serán designados a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levarase a cabo sobre a base dun informe de valoración emitido polo titor. Para poder matricularse do traballo de fin de grado, os alumnos deberán ter superados 150 ECTS da titulación, entre eles todos os de formación básica.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2022.