Ir o contido principal

Máster Universitario en Avogacía (Santiago de Compostela)

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814626 (Conserxaría)
881814658 (Decanato)
dereito.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Lotario Vilaboy Lois
Contacto
lotario.vilaboy [at] usc.es

De acordo coa regulación do réxime de acceso ao exercicio profesional da avogacía en España, este máster forma avogados e avogadas, non só coa finalidade de acadar os mellores resultados nas probas nacionais de avaliación da aptitude profesional, senón sobre todo co obxectivo de mellorar os coñecementos xurídicos, prácticos e deontolóxicos dos licenciados e graduados, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4313724
Número de ECTS: 90
Número prazas: 55

Decano/a ou director/a do centro:
ANA MARIA GUDE FERNANDEZ

Coordinador-a do título:
Lotario Vilaboy Lois
lotario.vilaboy [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 1/02/2013 (DOG do 12/02/2013)

Data de publicación no BOE:
06/03/2014

Data da última acreditación:
22/01/2021

O Máster universitario en Avogacía prepara aos graduados e licenciados en Dereito para o exercicio da profesión de avogado, de acordo co establecido na Lei 34/2006.

A Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e de procurador dos tribunais, e o Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, que a desenvolve, regulan as condicións para obter o título profesional de avogado e de procurador; á vez que establecen, entre outros aspectos, os requisitos de contido que deben reunir os cursos de formación e períodos de prácticas que permitan obter a capacitación profesional necesaria para o exercicio da avogacía. Esta normativa obriga aos novos graduados interesados no exercicio da avogacía a cursar un Máster universitario oficial de 90 ECTS e a superar as probas de avaliación da aptitude profesional convocadas ao efecto.

A normativa referenciada pon de manifesto a importancia da formación práctica que deben recibir os futuros avogados para o seu adecuado exercicio profesional na labor de asesoramento en Dereito e defensa xurídica dos cidadáns tanto nas vías xudiciais, como nas preventivas e compositivas, ao tempo que mostra a insuficiencia da obtención dunha titulación universitaria de grao para a súa capacitación profesional.

De acordo coa anterior normativa, a experiencia da Escola de Práctica Xurídica de Santiago, conveniada entre a USC, o ICA e o ICP de Santiago, e avalada por máis de 30 anos de actividade de formación inicial de futuros profesionais e na de formación continuada de profesionais en exercicio (dos cales moitos hoxe en día ocupan altos cargos administrativos, institucionais ou son reputados profesionais), constitúe unha garantía suficiente para optar por realizar este Máster conveniado entre a USC e o ICA de Santiago.

O título oficial de Máster universitario en Avogacía impartido pola USC e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago, coa colaboración da Escola de Práctica Xurídica, posúe un gran interese académico, ao tratarse dun título que durante os cursos académicos nos que se imparte ofrece ao alumnado unha formación especializada e profesionalizante de carácter teórico-práctico para un inicial desempeño profesional, outorgando competencias profesionais e abordando todos os contidos que son obxecto da proba estatal de avaliación da aptitude profesional.

Polo tanto, ten un dobre perfil: é valido como formación específica comprensiva do "curso de formación" e do período de "prácticas externas" esixidos na normativa vixente para acceder ás avaliacións de aptitude profesional que permiten obter o título profesional de avogado/a; e, ao mesmo tempo, configúrase como un título de máster oficial universitario, integrándose como tal dentro do espazo europeo de ensino universitario, polo que posúe unha marcada orientación laboral e práctica, favorecendo o seu deseño curricular a empregabilidade.

En consecuencia, os contidos e a metodoloxía empregada na impartición deste Máster Universitario en Avogacía de Santiago revélanse idóneos tanto para ofrecer a capacitación profesional esixida para acreditar que se posúen os coñecementos, competencias, técnicas e destrezas necesarias para obter o título profesional de avogado, segundo evidencia a taxa de aprobados nas correspondentes probas de avaliación da aptitude profesional; como para favorecer o emprego dos titulados no ámbito galego e español, nas súas diversas modalidades: autoemprego, emprego colaborativo, emprego por conta allea, etc. A este respecto, máis das dúas terceiras partes dos nosos alumnos acceden ao mercado laboral no ano posterior á finalización dos seus estudos.

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 54
Optativos 0
Prácticas Externas OB 30
Traballo Fin de Máster 6
Total 90

Práctica xurídica civil I

  • P3341105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica civil II

  • P3341106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica mercantil

  • P3341107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Práctica xurídica laboral I

  • P3341108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica laboral II

  • P3341109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica administrativa I

  • P3341110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica administrativa II

  • P3341111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica penal I

  • P3341112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Práctica xurídica penal II

  • P3341113
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea

  • P3341114
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

De acordo coa regulación do réxime de acceso ao exercicio profesional da avogacía en España, este máster forma avogados e avogadas, non só coa finalidade de acadar os mellores resultados nas probas nacionais de avaliación da aptitude profesional, senón sobre todo co obxectivo de mellorar os coñecementos xurídicos, prácticos e deontolóxicos dos licenciados e graduados, facilitando a súa incorporación ao mercado laboral.

Non se contempla

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 54
Optativos 0
Prácticas Externas OB 30
Traballo Fin de Máster 6
Total 90

Entre as accións de apoio e orientación aos estudantes, ten especial importancia a designación dun titor do alumnado que vai efectuar un seguimiento directo e continuado de todas as actividades que realicen e que, ademais, se configura como a canle a través da cal os alumnos van canalizar todas as dúbidas e incidentes que se lles presenten. Esta designación de titor efectuarase en todos e cada un dos módulos que integran o "curso de formación" e para cada un dos períodos de "prácticas externas" que integran o contido formativo do Máster.

Dun xeito máis concreto, cabe indicar que:
a) Período de realización de prácticas en administracións públicas: designación dun titor por cada alumno/s que realiza as prácticas nunha determinada dependencia, ademais do coordinador do equipo de titoría.
b) Período de realización de prácticas en xulgados: designación dun titor por alumno/s designados nun mesmo órgano xudicial, ademais do coordinador do equipo de títoría.
c) Período de realización de prácticas en despachos de avogados: designación dun titor por cada alumno/s designados nun mesmo despacho, ademais do coordinador do equipo de titoría.
c) Período de realización de prácticas de aula: designación dun titor por cada un dos módulos.

No caso das materias do "curso de formación" a designación do titor recaerá, como regra xeral, nalgún dos coordinadores dos módulos.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso:

Titulados en Dereito

(Se quedaren prazas vacantes no campus de Santiago ofreceranse aos alumnos que non obtivesen praza en Lugo)

Criterios de Selección

Expediente Académico ponderado: 50%
Currículo : 20%
Experiencia profesional no campo da titulación: 20%
Carta de motivación 10%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso:

Titulados en Dereito

(Se quedaren prazas vacantes no campus de Santiago ofreceranse aos alumnos que non obtivesen praza en Lugo)

Criterios de Selección

Expediente Académico ponderado: 50%
Currículo : 20%
Experiencia profesional no campo da titulación: 20%
Carta de motivación 10%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
4. Capacidade de organización e planificación.
5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
6. Capacidade de obtención e xestión da información.
7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
8. Capacidade de resolución de problemas.
9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.

Os cursos de formación para o acceso á profesión de avogado garantirán a adquisición polo menos das seguintes competencias profesionais:

1. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
2. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
3. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
4. Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do avogado.
5. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade.
6. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
7. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia no seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, de xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
8. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
9. Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de avogado.
10. Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como verbo dos instrumentos para a súa xestión.
11. Dominio da terminoloxía xurídica máis usual.
12. Dominio da organización institucional e colexial da avogacía española, autonómica e europea.
13. Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da avogacía en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional.
14. Dominio do funcionamento dos servizos de quenda de oficio, asistencia ao detido e de orientación xurídica.
15. Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho.
16. Coñecemento e manexo da lexislación básica sobre protección de datos referida aos ficheiros dos clientes do despacho.
17. Coñecemento das distintas prestacións da Mutualidade Xeral da Avogacía Española, das demais mutualidades profesionais da avogacía e da Seguridade Social, así como os requisitos de adscrición a cada unha desas modalidades.
18. Coñecemento dos fundamentos básicos do proxecto tecnolóxico da avogacía e a presentación telemática de escritos xudiciais.
19. Coñecer as técnicas dirixidas á averiguación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedeimento, especialmente a producción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
20. Capacidade de análise de textos xurídicos sobre as materias en cuestión para a súa correcta interpretación e aplicación.
21. Dominio das técnicas xurídicas e investigadoras.
22. Capacidade para elaborar un traballo de investigación

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

As prácticas externas desenvolveranse en asesorías e gabinetes xurídicos de administracións públicas, durante un total de 75 horas, no segundo semestre; do mesmo xeito que en órganos xurisdiccionais e fiscalías, durante un total de 75 horas, no segundo semestre, e en despachos profesionais de avogados, durante un total de 600 horas, no terceiro semestre. En función das dispoñibilidades das institucións receptoras dos alumnos, procurarase que as prácticas realícense con continuidade durante un período de tempo determinado.

A cada alumno asignaráselle un titor na entidade colaboradora para a realización das prácticas, que será designado pola devandita entidade, o cal encargarase do seguimento da aprendizaxe do alumno. Os titores deberán informar mensualmente da actividade, evolución e rendemento do estudante. Ao final do período de formación, cada titor redactará unha memoria explicativa das actividades que levaron a cabo no exercicio das súas funcións, que deberá comprender, entre outros extremos, unha referencia sucinta ás actividades programadas e realizadas polo estudante, á súa evolución e á súa cualificación.

Co Traballo Fin de Máster preténdese un dobre carácter: como ferramenta para comprobar a asimilación dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes impartidas ao longo do Máster e como medio para comprobar a capacidade de investigación, interdisciplinariedade, solución de problemas do alumno. A Coordinación do Máster fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta. O titor/es será/n designado/s a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levará a cabo sobre a base dun informe emitido polo titor.

Para a impartición das diferentes materias do plan de estudos asignase un reparto da carga docente entre profesores universitarios, avogados e outros profesionais, de acordo co establecido na normativa aplicable (art. 4.3º Lei 34/2006) e no convenio de colaboración asinado entre a USC e o ICA Santiago.

Así, o profesorado do "curso de formación" do Máster está integrado por:

  • un 40% de profesorado universitario (porcentaxe mínima que permite a normtiva)
  • un 60% de profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas relevantes para a formación do futuro avogado.

Con todo, estas porcentaxes sofren algunhas variacións en determinadas materias, atendendo aos seus contidos e ao perfil de docencia máis adecuado para a súa impartición, como son “Introdución ao exercicio profesional e Quenda de oficio”, “Deontoloxía profesional e Réxime de responsabilidade” e “Escritura e Oratoria forense”, que son impartidas por profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas.

Polo que se refire ao Traballo Fin de Máster, encadrado no segundo ano do Máster, é titorizado por diferentes equipos de titoría (como mínimo, tantos como ordes xurisdicionais nos que se elaboren traballos), procurando sempre que o peso da titoría recaia para cada traballo, polo menos, nun profesor universitario e nun avogado.

Non hai información dispoñible neste momento.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

80,0

80,0

80,0

80,0

60,0

55,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

141,0

132,0

108,0

114,0

109,0

101,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

72,0

61,0

49,0

64,0

54,0

47,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

72,0

61,0

49,0

63,0

54,0

47,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,35

-15,28

-18,33

28,57

0,0

-

Perfil de entrada

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,13

3,03

0,0

3,51

3,67

2,97

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,67

5,3

6,48

7,02

3,67

6,93

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

65,79

79,82

69,31

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

1,45

2,78

0,0

2,38

0,0

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,32

98,59

98,35

98,57

99,27

95,94

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,0

2,0147

2,0

2,0208

2,0

2,0

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,28

99,5

99,75

99,24

99,57

99,05

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

26,2692

20,7619

21,4286

21,9524

27,3214

23,8929

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

20,7619

21,4286

21,9524

27,3214

23,8929

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,95

99,9

99,48

100,0

99,91

99,37

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,28

99,5

99,75

99,79

100,0

99,66

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,77

97,1

93,06

96,67

95,24

98,18

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,27

98,49

97,84

98,57

99,18

95,34

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,47

4,3652

-

-

4,54

4,5556

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2222

4,1146

-

-

4,57

-

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

5,0

-

-

-

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,1619

2,9706

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,7095

3,6316

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,4498

3,6375

-

3,26

3,55

3,93

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,07

4,28

4,16

4,14

4,14

4,12

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,0682

4,4119

4,4761

4,2424

4,2736

4,2912

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,2941

96,3636

82,0

93,2203

96,6102

83,0189

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,47

77,42

100,0

92,59

100,0

100,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,95

77,5

85,71

84,62

95,24

95,24

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

54,76

52,5

38,1

41,03

57,14

61,9

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.