Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Derecho y especialidades jurídicas.
Centro(s)
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814626 (Conserxaría)
881814658 (Decanato)
dereito.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Lotario Vilaboy Lois
Contacto
lotario.vilaboy@usc.es

O máster está destinado a licenciados/as en dereito, graduados/as en dereito ou con outro título universitario equivalente que reúna os requisitos establecidos no art. 3 do Regulamento de desenvolvemento da Lei de Acceso; e nace cunha clara vocación profesional, en tanto que ten por finalidade proporcionar capacitación profesional (coñecementos, competencias e habilidades propias do exercicio da profesión da avogacía, tanto nos aspectos organizativos e colexiais como de estrita técnica xurídica) ás persoas licenciadas/graduadas en dereito que, tras a avaliación positiva da aptitude profesional, poidan obter o título profesional de avogado/a, que a Lei 34/2006 esixe como imprescindible para o exercicio da profesión.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4313724
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 60

    Coordinador-a do título:
    Lotario Vilaboy Lois
    lotario.vilaboy@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 1/02/2013 (DOG do 12/02/2013)

    Data de publicación no BOE:
    23/05/2024

    Data da última acreditación:
    22/01/2021

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 54
    Prácticas externas 30
    Traballo fin de máster: 6
    Total: 90

    Non se contemplan

  • Plan de estudos de 90 ECTS que se estrutura do seguinte modo:

    • Obrigatorios 54
    • Prácticas externas 30
    • Traballo fin de máster 6
  • O Máster universitario en Avogacía e Procura ten como obxectivo proporcionar ao alumnado a formación especializada comprensiva do conxunto de competencias necesarias para o exercicio da avogacía e da procura.

    En consecuencia, preténdese que o alumnado, superada a formación, manexe con eficacia, responsabilidade e seguridade as técnicas e modos de actuación profesional propios da avogacía e da procura; e que adquira unha mecánica de razoamento xurídico e, polo tanto, unha base xenérica da práctica xurídica profesional en todas as materias propias do dereito positivo, para que simultánea e paulatinamente poida aspirar á especialización.

    Tamén é obxectivo da titulación proporcionar ao alumnado suficientes experiencias e contactos profesionais, tanto a través do profesorado externo como dos/as titores/as que impartan as diferentes materias de prácticas externas, para facilitarlles a súa inserción no mercado laboral e, á vez, que dispoñan de especialistas de referencia cos que consultar no inicio do seu exercicio profesional.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Pola súa banda, no proceso de desenvolvemento das ensinanzas estabelecido no SGIC da Facultade de Dereito desenvólvese o procedemento para a organización da mobilidade, tanto entrante como saínte.

    No relativo á titulación, non se contemplan actuacións de mobilidade específicas, á marxe das estabelecidas na normativa xeral da USC e no manual de procesos da Facultade de Dereito.

    Prácticas

    O mestrado contempla tres materias de prácticas externas que en total suman 30 créditos ECTS. Estas prácticas realizaranse conforme ao disposto no capitulo III do regulamento que desenvolve a Lei 34/2006, no convenio de colaboración asinado entre as institucións que organizan e imparten o mestrado, no Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela (acordo do Consello de Goberno do 29/07/2015) e no Real decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.

    En función das dispoñibilidades das institucións receptoras do alumnado, procurarase que as prácticas se realicen con continuidade durante un período de tempo determinado. Corresponderá á Escola de Práctica Xurídica e aos colexios profesionais a organización das prácticas externas, dando conta á comisión académica da titulación. A coordinación asignará a cada alumno/a unha dependencia administrativa, órgano xurisdiccional e despacho profesional, procurando respeitar as preferencias manifestadas polo alumnado.

    Os contidos e competencias das prácticas serán os estabelecidos no art. 13 do RD 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da avogacía e da procura, e nas fichas (guías docentes) das correspondentes materias que figuran na presente memoria.

    As prácticas externas deberán ser tuteladas por un equipo de profesionais, á fronte dos cales deberá designarse unha persoa exercente da avogacía e/ou da procura cun exercicio profesional superior a cinco anos.

    As materias de prácticas externas disporán da figura de “coordinador/a de prácticas externas” e dun “equipo de coordinación” que se encargará máis directamente de estabelecer o contacto persoal con cada titor/a, do seguimento das prácticas, das reunións periódicas co alumnado, da avaliación da memoria que debe elaborar cada alumno/a, etc.

  • Este mestrado contempla a elaboración e presentación dun traballo fin de máster de 6 créditos ECTS. Configúrase como actividade para comprobar a asimilación das materias impartidas durante o curso e das prácticas externas, e tamén como medio para acreditar a capacidade de investigación, de solución de problemas profesionais e de tramitación de actuacións procesuais.

    Consistirá na elaboración individual dun traballo orixinal de contido mixto, académico e profesional sobre a base dun caso práctico cuxa problemática principal se incardinará en materias que son propias de unha das catro ordes xurisdicionais.

    A materia de Traballo fin de máster será tutorizada por diferentes equipos (como mínimo un por cada unha das ordes xurisdicionais ou especialidades xurídicas en que se elaboren os traballos), procurando sempre que o peso da tutoría recaia, conxuntamente, e para cada traballo, nun docente universitario e nun docente externo.

    Os TFM defenderanse perante un tribunal formado, preferentemente, por profesorado da titulación. Poderán constituírse un ou varios tribunais por especialidade xurídica ofertada, en función do volume de traballos presentados. A defensa do traballo perante o tribunal poderá consistir nunha exposición oral do realizado na parte académica e nunha simulación de actuacións procesuais ou profesionais que servisen de base para a parte profesional.

  • Profesorado
    Juan J. Abeal Rodríguez
    Beatriz Alfonso Espiñeiras
    Cristina Alonso Salgado
    Raquel Álvarez Barreiro
    Santiago Alvarez Gonzalez
    Julia Ammerman Yebra
    Miguel Enrique Arenas Meza
    Manuel Arza Galán
    Cecilia Barros Díaz
    Ulises Bertolo García
    Luz M. Blanco Vidal
    Santiago Botas Ramos
    Ana Belén Cajoto Berdeal
    Maria Castro Corredoira
    Maria De Los Angeles Catalina Benavente
    Federico Jacobo Collazo Martínez
    Javier Constenla Vega
    Lidia De La Iglesia Aza
    Marta Domelo Gómez
    J. Joaquín Domínguez Fuentes
    María Alejandra Domínguez Pereiras
    María Fernández Escudero
    María José Fernández González
    Jose Julio Fernandez Rodriguez
    Ángel Fernández-Albor Baltar
    Gerardo Gándara Moure
    José Carlos García Cumplido
    Carlos Alberto García Novio
    Andrea Garrido Juncal
    José Gómez Rey
    Elena Gómez-Segade González
    Maria Carmen Gonzalez Ferro
    Fernando Perfecto González-Concheiro Álvarez
    Francisco Hernandez Rodriguez
    María Belén Hospido Lobeiras
    Patricia Lopez Arnoso
    Ricardo Antonio Lopez Fernández
    Paulo Lopez Porto
    Laura Lorenzo Arceo
    Yolanda Maneiro Vazquez
    Jesus Waldo Maroño Gargallo
    Ana María Martín García
    Carlos Martínez Carrillo
    Jose Luis Martinez-Olivares Gomez
    Javier Maseda Rodríguez
    Gil Vicente Matoses Astruells
    Manuel Merelles Perez
    Sandra Míguez Fuentes
    Alberto Míguez Gómez
    Jose Antonio Montero Vilar
    María Cristina Navares Villar
    Juan Jose Nieto Montero
    María Jesús Otero Álvarez
    Alejandro Otero Guldrís
    Laura Otero Rodríguez
    Cristina Pedrosa Leis
    José Antonio Pena Beiroa
    María Beatriz Pena Domínguez
    Esther Perez Marcos
    Natalia Perez Rivas
    José María Pita Ponte
    David Platero López-Turiso
    Luciano Prado Del Río
    Ramón Quintela Miramontes
    M. Victoria Regueira Rodríguez
    Araceli Del Río Otero
    Ana Rodriguez Alvarez
    Luis Jaime Rodríguez Fernández
    Óscar Rodríguez Mallo
    Antonio Roma Valdés
    Jorge Eladio Romero Rivera
    Margarita Ruíz Núñez
    Susana Sánchez Barreiro
    Javier Sánchez-Agustino Mariño
    María De Los Ángeles Sanmartín Méndez
    José Antonio Sarmiento Méndez
    José Manuel Sendín Rodríguez
    José M. Sierra Rodríguez
    José Manuel Silvosa Tallón
    Javier Suárez García
    Ángel Luís Suárez Losada
    Lorena Tallón García
    Yolanda Teijido Infante
    Carlos Teijo Garcia
    J.manuel Ucha Lopez
    Almudena Valiño Ces
    Juan José Varela Ferreiro
    Bernardino Varela Gomez
    M.jesús Vieito Mayo
    Lotario Vilaboy Lois
    M. Mar Vivero Vizoso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2025.