A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'II Xornadas sobre bilingüismo: o uso do galego na actividade profesional', un encontro que se desenvolverá o 25 de abril de 16.30 a 18.30 horas na Sala de Xuntas do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.
No encontro, Castor Méndez Paz, presentará o proxecto terminográfico Dicionario de termos de Psicoloxía, desenvolvido pola Comisión de Normalización da Facultade de Psicoloxía e a Área de Terminoloxía do SNL.
A seguir, Marcos Díaz López, da Universidade de Deusto, falará de como o idioma empregado pode afectar á toma de decisións. Para cerrar a xornada, Encarna Álvarez Gallego e Mª Carmen González Hermo tratarán nunha mesa de experiencias como afecta na práctica clínica o uso do galego e a súa utilidade.
A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 24 de abril a través da Secretaría Virtual da USC para os membros da comunidade universitaria e a través deste formulario para as persoas de fóra.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'Xornadas sobre bilingüismo: o uso do galego na actividade profesional', un encontro que se desenvolverá o 3 de maio de 16.30 a 20.30 horas no Salón de Actos do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes galegófonos no ámbito profesional da Psicoloxía.
No encontro, Montserrat Comesaña Vila, investigadora do Centro de Investigação en Psicologia da Universidade do Minho impartirá a conferencia 'Galegos polo mundo: o impacto do bilingüismo na cognición e a educación' e Mª Carmen Parafita Couto, investigadora María Zambrano da Universidade de Vigo e profesora titular no Center for Linguistics da Universidade de Leiden, ofrecerá o relatorio 'Cruzando fronteiras lingüísticas: dende o castrapo ata o spanglish'.
A seguir, Castor Méndez Paz, presidente da CNL da Facultade de Psicoloxía, moderará unha mesa redonda coas intervencións de Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Concepción Prado Álvarez, orientadora laboral do Concello de Fene; e Xaquín Loredo Gutiérrez, técnico do Seminario de Sociolingüística da RAG e xerente de Ágora Aberta.
A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 30 de abril a través da Secretaría Virtual da USC.
Conclusións das Xornadas de 2023
No departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía fixeron unha nota de prensa.
Servicio de Normalización Lingüística
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 7, 15782Santiago de Compostela
- 881 814 490
- snlusc [at] usc.gal
Servicio de Normalización Lingüística
- Edificio intercentros Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 582