Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía', un encontro que se desenvolverá o 24 de abril de 16.30 a 18.40 horas no Salón de Actos do centro e no que se tratarán os beneficios do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.
III Xornadas

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'III Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía, un encontro que se desenvolverá o 24 de abril de 16.30 a 18.40 horas no Salón de Actos do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.

No encontro, Manuel Bermúdez Blanco, presentará un relatorio sobre o Regulamento de Usos Lingüísticos da USC. Nel farase un breve percorrido polo seus artigos e farase especial énfase en como afecta á actividade nas aulas.

A seguir, Onésimo Juncos Rabadán, profesor ad honorem da USC,  falará  sobre o bilingüismo e as afasias.

Por ultimo está previsa unha mesa de experiencias na que Mª Begoña Castro Iglesias, Rocío García Calvo e Ana Buján Mera falarán sobre a o uso do galego na práctica profesional nos eidos da psicoloxía educativa, neuropsicoloxía e psicofisioloxía respectivamente. 

A asistencia é de balde previa inscrición e pode cursarse ata o 23 de abril a través deste formulario.

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'III Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía, un encontro que se desenvolverá o 25 de abril de 16.30 a 18.30 horas na Sala de Xuntas do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.

    No encontro, Castor Méndez, presentará un glosario de termos psicolóxicos.

    A seguir, Marcos Díaz Lago, profesor da Univrsidade de Deusto,  dará unha conferencia co título Linguaxe e pensamento, determina o idioma as nosas decisións?

    Por ultimo está previsa unha mesa de experiencias na que Encarna Álvarez Gallego e Mª Carmen González Hermo tratarán do galego na práctica profesional da psicoloxía.

     

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'Xornadas sobre bilingüismo: o uso do galego na actividade profesional', un encontro que se desenvolverá o 3 de maio de 16.30 a 20.30 horas no Salón de Actos do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes galegófonos no ámbito profesional da Psicoloxía.

    No encontro, Montserrat Comesaña Vila, investigadora do Centro de Investigação en Psicologia da Universidade do Minho impartirá a conferencia 'Galegos polo mundo: o impacto do bilingüismo na cognición e a educación' e Mª Carmen Parafita Couto, investigadora María Zambrano da Universidade de Vigo e profesora titular no Center for Linguistics da Universidade de Leiden, ofrecerá o relatorio 'Cruzando fronteiras lingüísticas: dende o castrapo ata o spanglish'.

    A seguir, Castor Méndez Paz, presidente da CNL da Facultade de Psicoloxía, moderará unha mesa redonda coas intervencións de Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Concepción Prado Álvarez, orientadora laboral do Concello de Fene; e Xaquín Loredo Gutiérrez, técnico do Seminario de Sociolingüística da RAG e xerente de Ágora Aberta.

    A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 30 de abril a través da Secretaría Virtual da USC. 

     

    Conclusións das Xornadas de 2023

     

     

  • No departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía fixeron unha nota de prensa.

  • Servizo de Normalización Lingüística

    Vivendas dos Funcionarios

    Servizo de Normalización Lingüística

    Serv. Administrativos. Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2025.