A actividade será impartida por educadoras sociais da Asociación Rexenerando S. Coop.
A proposta formativa pretende contribuír á reflexión colectiva a través de contidos e metodoloxías que faciliten a toma de consciencia sobre as posibilidades e responsabilidade da Educación Social como axente activo na reparación e normalización social da lingua.
Abordaranse os seguintes contidos combinando a exposición da formadora co traballo persoal e grupal das persoas participantes:
Módulo 1 / Contexto sociolingüístico e potencialidades da Educación Social
• Contexto sociolingüístico galego. Do esplendor á diglosia e a substitución lingüística.
• Lingua e Educación Social: xustificación; sectores de intervención para a NL e escenarios profesionais da Ed. Social; experiencias inspiradoras.
Módulo 2 / Lingua, unha cuestión relacional
• Identidade, diversidade e dinámicas de poder
• Prexuízos e estereotipos lingüísticos.
• Historias de vida lingüística.
Módulo 3 / Prototipado
• Prototipado de propostas de intervención desde a Ed. Social en materia de normalización lingüística.
• Avaliación e peche.
Propóñense 10h formación a estruturar en diálogo co profesorado ou persoal promotor da actividade, adaptando o número de sesións e de persoas participantes ás necesidades e posibilidades das partes.
Obxectivos
- Promover a corresponsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial da Educación Social.
- Deseñar prototipos de intervencións desde a Educación Social para a normalización lingüística e a activación de falantes.
- Contribuír a desenvolver a implicación sociolingüística dos futuros educadores sociais.
- Promover a comprensión da situación sociolingüística actual cun enfoque sensible ás desigualdades sociais