Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A educación social ante o reto da normalización lingüística
Apoderamento Lingüístico

A actividade será impartida por educadoras sociais da Asociación Rexenerando S. Coop.

A proposta formativa pretende contribuír á reflexión colectiva a través de contidos e metodoloxías que faciliten a toma de consciencia sobre as posibilidades e responsabilidade da Educación Social como axente activo na reparación e normalización social da lingua.

  • Abordaranse os seguintes contidos combinando a exposición da formadora co traballo persoal e grupal das persoas participantes:

    Módulo 1 / Contexto sociolingüístico e potencialidades da Educación Social

    • Contexto sociolingüístico galego. Do esplendor á diglosia e a substitución lingüística.

    • Lingua e Educación Social: xustificación; sectores de intervención para a NL e escenarios profesionais da Ed. Social; experiencias inspiradoras.

    Módulo 2 / Lingua, unha cuestión relacional 

    • Identidade, diversidade e dinámicas de poder

    • Prexuízos e estereotipos lingüísticos.

    • Historias de vida lingüística.

    Módulo 3 / Prototipado

    • Prototipado de propostas de intervención desde a Ed. Social en materia de normalización lingüística.

    • Avaliación e peche.

    Propóñense 10h formación a estruturar en diálogo co profesorado ou persoal promotor da actividade, adaptando o número de sesións e de persoas participantes ás necesidades e posibilidades das partes.

     

    Obxectivos

    • Promover a corresponsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial da Educación Social.
    • Deseñar prototipos de intervencións desde a Educación Social para a normalización lingüística e a activación de falantes.
    • Contribuír a desenvolver a implicación sociolingüística dos futuros educadores sociais.
    • Promover a comprensión da situación sociolingüística actual cun enfoque sensible ás desigualdades sociais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2024.