Obradoiro de fanzines
Iniciativa das comisións de normalización lingüística de Ciencias da Comunicación e Filoloxía, que busca promover a elaboración e a autoedición de fanzines, dado o seu valor como artefactos culturais que permiten a libre expresión artística das súas autoras e autores.
MA_GA_ZINE 2023
Obradoiro de fanzines
Un ano máis as comisións de normalización lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía ofrécenlle á comunidade universitaria a posibilidade de introducirse no mundo do fanzine, participando neste obradoiro, que se vai desenvolver en tres sesións de traballo, entre outubro e novembro de 2023.
Sesións
- Lourdes Pérez González e Pilar Díez Jambrina, analizan o fanzine como artefacto cultural.
- O ilustrador Tomás Guerrero García e a experta en autoedición Lourdes Rodríguez ofrecerán formación e asesoramento sobre a posta en marcha dos fanzines.
- Valoración do estado dos proxectos, resolución de últimos problemas e peche dos fanzines.
Difusión dos fanzines
Os traballos producidos neste obradoiro poderán ser enviados aos repositorios dixitais Solidarity Revolutionary Center and Radical Library ou eFanzines, e tamén depositados no fondo existente na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Datas
Sesión 1. 25 de outubro, de 16 a 18 h
Sesión 2. 8 de novembro, de 16 a 19 h
Sesión 3. 23 de novembro, de 16 a 19 h
Inscrición e prazos
A inscrición é de balde e está aberta a toda a comunidade universitaria.
Pode realizarse ata o 24 de outubro por calquera destas vías:
- presencialmente no mostrador de calquera das bibliotecas da USC.
- enviando unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo perprest [at] usc.gal.
Toda a información da edición de 2022, aquí.