Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Cartel do MA_GA_ZINE 2023

Obradoiro de fanzines

Iniciativa das comisións de normalización lingüística de Ciencias da Comunicación e Filoloxía, que busca promover a elaboración e a autoedición de fanzines, dado o seu valor como artefactos culturais que permiten a libre expresión artística das súas autoras e autores.

  • MA_GA_ZINE 2023

    Obradoiro de fanzines

    Un ano máis as comisións de normalización lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía ofrécenlle á comunidade universitaria a posibilidade de introducirse no mundo do fanzine, participando neste obradoiro, que se vai desenvolver en tres sesións de traballo, entre outubro e novembro de 2023.

    Sesións

    1. Lourdes Pérez González e Pilar Díez Jambrina, analizan o fanzine como artefacto cultural.
    2. O ilustrador Tomás Guerrero García e a experta en autoedición Lourdes Rodríguez ofrecerán formación e asesoramento sobre a posta en marcha dos fanzines.
    3. Valoración do estado dos proxectos, resolución de últimos problemas e peche dos fanzines.

      Difusión dos fanzines

      Os traballos producidos neste obradoiro poderán ser enviados aos repositorios dixitais Solidarity Revolutionary Center and Radical Library ou eFanzines, e tamén depositados no fondo existente na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.

    • Datas

      Sesión 1. 25 de outubro, de 16 a 18 h

      Sesión 2. 8 de novembro, de 16 a 19 h

      Sesión 3. 23 de novembro, de 16 a 19 h

      Inscrición e prazos

      A inscrición é de balde e está aberta a toda a comunidade universitaria.

      Pode realizarse ata o 24 de outubro por calquera destas vías:

      • presencialmente no mostrador de calquera das bibliotecas da USC.
    • Toda a información da edición de 2022, aquí

    Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2023.