Xornadas sobre a normalización do uso na lingua galega na filosofía, tanto no ámbito da creación filosófica, como no eido docente.
A Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Filosofía, coa colaboración de Xosé Luís Pastoriza, profesor da materia Filosofía Española e Galega, organiza as II Xornadas "A lingua galega e a filosofía", que se desenvolverán o 28 de marzo e o 4 de abril de 2022 no Salón de Actos da Facultade e mediante videoconferencia a través de Zoom, cos obxectivos de:
- Promover unha reflexión sobre as accións precisas para normalizar o uso na lingua galego na filosofía, tanto no ámbito da creación filosófica, como no eido docente no marco da Facultade.
- Coñecer os precedentes históricos daqueles autores/as que contribuíran ao emprego na lingua galega no seu traballo filosófico.
O destinatario principal destas xornadas é o alumnado da Facultade de Filosofía, en especial o alumnado da materia "Filosofía española e galega".
Outorgarase un diploma de asistencia por tres horas. Haberá control de asistencia.
Facultade de Filosofía, 28 de marzo e 4 de abril de 2022
A participación na actividade é de balde, pero cómpre inscribirse a través da Secretaría Virtual ata o 28 de marzo.
Luns 28 de marzo (sesión 1)
- 11:15 h. Conferencia: Pensar Galicia, publicar e editar filosofía en galego. Roberto Abuín (filósofo, ensaísta e fundador de Axóuxere Editora. Modera: Xosé Luís Pastoriza Rozas (profesor de Filosofía, USC)
- 12:00 h. Coloquio
- 12:30 h. Fin de sesión
Luns 4 de abril (sesión 2)
- 11.15 h. Mesa Redonda: A Lei de Normalización Lingüística de Galicia: historia, desenvolvemento e desafíos.
- Ramón Piñeiro e a lingua galega: entre filosofía e política. Rocío Carolo Tosar (profesora de Filosofía, USC)
- A achega de Xosé Filgueira Valverde á normativización e normalización da lingua galega. Xacobe Medina Dacasa (alumno do Grao en Filosofía, USC)
- Desafíos da lingua galega. Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia)
- Modera: Marcelino Agís Villaverde (catedrático de Filosofía e decano da Facultade)
- 12:00 h. Coloquio
- 12:30 h. Fin de sesión