Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
CNL e Cultura da Facultade de Filosofía
Imaxe corporativa das xornadas

Xornadas sobre a normalización do uso na lingua galega na filosofía, tanto no ámbito da creación filosófica, como no eido docente.

  • A Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Filosofía, coa colaboración de Xosé Luís Pastoriza, profesor da materia Filosofía Española e Galega, organiza as II Xornadas "A lingua galega e a filosofía", que se desenvolverán o 28 de marzo e o 4 de abril de 2022 no Salón de Actos da Facultade e mediante videoconferencia a través de Zoom, cos obxectivos de:

    • Promover unha reflexión sobre as accións precisas para normalizar o uso na lingua galego na filosofía, tanto no ámbito da creación filosófica, como no eido docente no marco da Facultade.
    • Coñecer os precedentes históricos daqueles autores/as que contribuíran ao emprego na lingua galega no seu traballo filosófico.

    O destinatario principal destas xornadas é o alumnado da Facultade de Filosofía, en especial o alumnado da materia "Filosofía española e galega".

    Outorgarase un diploma de asistencia por tres horas. Haberá control de asistencia.

    • Facultade de Filosofía, 28 de marzo e 4 de abril de 2022

       

      A participación na actividade é de balde, pero cómpre inscribirse a través da Secretaría Virtual ata o 28 de marzo.

    • Luns 28 de marzo (sesión 1)

      • 11:15 h. Conferencia: Pensar Galicia, publicar e editar filosofía en galego. Roberto Abuín (filósofo, ensaísta e fundador de Axóuxere Editora. Modera: Xosé Luís Pastoriza Rozas (profesor de Filosofía, USC)
      • 12:00 h. Coloquio
      • 12:30 h. Fin de sesión

      Luns 4 de abril (sesión 2)

      • 11.15 h. Mesa Redonda: A Lei de Normalización Lingüística de Galicia: historia, desenvolvemento e desafíos.
        • Ramón Piñeiro e a lingua galega: entre filosofía e política. Rocío Carolo Tosar (profesora de Filosofía, USC)
        • A achega de Xosé Filgueira Valverde á normativización e normalización da lingua galega. Xacobe Medina Dacasa (alumno do Grao en Filosofía, USC)
        • Desafíos da lingua galega. Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia)
        • Modera: Marcelino Agís Villaverde (catedrático de Filosofía e decano da Facultade)
      • 12:00 h. Coloquio
      • 12:30 h. Fin de sesión
    Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.10.2023.