Aberta a convocatoria para 2024
Concurso de vídeos de divulgación científica que pretende fomentar entre o alumnado de ensino secundario o interese por comunicar o coñecemento científico e o emprego do galego como canle de transmisión dese coñecemento.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca a edición 2024 do concurso Petiscos de ciencia de vídeos científicos en galego.
Nel pode participar o alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma, individualmente ou en grupos de como máximo 3 persoas, coordinados por un/unha docente.
Para facelo, debe presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atenda cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia. Máis información sobre os detalles da presentación, na Convocatoria 2024.
PREMIOS
1º premio.- Agasallo por valor de 250 euros.
2º premio.- Agasallo por valor de 150 euros.
3º premio.- Agasallo por valor de 100 euros.
A data límite para participar é o 15 de outubro de 2024.
Para facelo cómpre publicar o vídeo elaborado en YouTube, sempre con licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND).
Despois, as/os autoras/es (ou representantes) deben cubrir o formulario de participación e remitilo ao enderezo ciencias.decanato [at] usc.gal co asunto “Concurso Petiscos de ciencia 2024”.
A edición de 2023 desenvolveuse consonte estas bases, e nela o xurado determinou como gañadores os seguintes traballos:
- 1º premio, para Diego Lois Ojea (IES Pintor Colmeiro, Silleda) por este vídeo:
- 2º premio, para Nuria Castro González, Alejandra Chamorro García e Xiomara Silva Vázquez (IES Laxeiro, Lalín) por este vídeo:
Estes premios entregáronse no marco do acto que a Facultade de Ciencias organizou para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna 2024.
Resolución
Categoría A: Bacharelato e ESO
Primeiro premio: O saturnismo, de Irene González Calvo e Raquel González Calvo, coordinadas por María José Mato Castro, do IES Plurilingüe Adormideras, A Coruña.
Segundo premio: Falemos de curvas. A catenaria, de Manuel Villaverde Framil, coordinado por Manuel Vázquez Mourazos, do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela.
Finalistas
- Teleciencia: isomerías espaciais, de Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra, coordinadas por Marta Elena Aguirre Fernández, do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda.
- Lei dos gases, de Rosalía Agra Otero, coordinada por Begoña González Cuñarro, do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda.
- Banco de sementes, de Higinio Rodríguez Cedrón, Anne Rodríguez Orol e Noelia Santín Fernández, coordinados por María Isabel Pérez Postigo, do IES de Becerreá.
Categoría B: Universidade
Primeiro premio: O fenómeno da fotoluminiscencia, de María Celeiro Montero.
Segundo premio: Que che ensinou a química?, de Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu.
Finalistas
- A calixe seca e o medio ambiente, de Cristina Correa Segade.
- Fotosíntese artificial: unha solución á problemática enerxética actual, de María Moreno Pérez.
- A riqueza das charcas intermareais da Ría de Vigo, de Antía Lago Besada.
Entrega de premios
A entrega de premios aos gañadores e de diplomas aos finalistas terá lugar o venres día 20 de maio de 2022 ás 12 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo. Participarán no acto:
- D. Francisco José Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo
- D. José Vázquez Tato, catedrático de Química Física da Facultade de Ciencias que impartirá a conferencia “A comunicación na Ciencia”
- D. Xusto Rodríguez Río, técnico superior do Servizo de Normalización Lingüística da USC