Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Concurso de vídeos sobre ciencia dirixido a alumnado de ensino secundario
Imaxe Petiscos

Tes maña para facer vídeos? Gústache a ciencia? Veste capaz de describir un concepto científico en menos de 90 segundos?

Se respondiches que si a estas tres preguntas e estudas ensino secundario, este concurso está feito para ti!

AVISO!!! 

Arrinca o Petiscos de ciencia 2025!

Anímate e presenta o teu vídeo!

 

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a 4ª edición do concurso Petiscos de ciencia de vídeos de divulgación científica.

    Esta iniciativa diríxese ao alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma. Pódese participar de forma individual ou en grupos de como máximo 3 persoas, coordinados por un/unha docente do seu centro de ensino.

    Para participar cómpre elaborar e presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atenda cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia

    Todos os detalles, poden consultarse na Convocatoria desta edición

     

    Neste ano 2025 o concurso repartirá os seguintes premios:

    1º premio.- Agasallo por valor de 250 euros.

    2º premio.- Agasallo por valor de 150 euros.

    3º premio.- Agasallo por valor de 100 euros.

    4º premio.- Agasallo por valor de 50 euros.

    5º premio.- Agasallo por valor de 50 euros.

     

  • O prazo de presentación de vídeos remata o 15 de outubro de 2025.

    Os vídeos que se vaian presentar ao Petiscos de ciencia deben publicarse previamente en YouTube, baixo licenza Creative Commons Atribución-Non Comercial-Sen Obra Derivada (CC BY-NC-ND).

    Posteriormente, as/os autoras/es (ou quen os represente) deben cubrir o formulario de participación e remitilo ao enderezo ciencias.decanato@usc.gal co asunto “Concurso Petiscos de ciencia 2025”.

  • Traballos gañadores

    O xurado da edición 2024 determinou como gañadores os seguintes traballos: 

    • 1º premio, para Yara Candia Cabana, Laura Guizán Sánchez e Ana Montenegro Teijido (IES Santiago Basanta Silva, Vilalba) polo vídeo Máquinas simples:

    • 2º premio, para Aya Abattouy e Darlien Sosa Paulino (IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras), polo vídeo O magosto e a lei de Gay-Lussac:

    • 3º premio, para Liliang Martínez Rodríguez (IES Laxeiro, Lalín), polo vídeo A fluorescencia.

    Estes premios vanse entregar no marco do acto que a Facultade de Ciencias vai organizar para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna 2025.

     

    Información e prazos

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convocou a edición 2024 do concurso Petiscos de ciencia de vídeos científicos en galego.

    Estaba dirixida ao alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma, individualmente ou en grupos de como máximo 3 persoas, coordinados por un/unha docente.

    Para participar cumpría presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atendese cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia. Toda a información, na Convocatoria 2024

    Premios

    1º premio.- Agasallo por valor de 250 euros.

    2º premio.- Agasallo por valor de 150 euros.

    3º premio.- Agasallo por valor de 100 euros.

    Como participar

    A participación estivo aberta ata o 15 de outubro de 2024.

    Para facelo, houbo que publicar o vídeo elaborado en YouTube, sempre con licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND).

    Despois, as/os autoras/es (ou representantes) tiveron que cubrir o formulario de participación e remitilo ao enderezo ciencias.decanato@usc.gal co asunto “Concurso Petiscos de ciencia 2024”.

  • A edición de 2023 desenvolveuse consonte estas bases, e nela o xurado determinou como gañadores os seguintes traballos: 

    • 1º premio, para Diego Lois Ojea (IES Pintor Colmeiro, Silleda) por este vídeo:

    • 2º premio, para Nuria Castro González, Alejandra Chamorro García e Xiomara Silva Vázquez (IES Laxeiro, Lalín) por este vídeo:

    Estes premios entregáronse no marco do acto que a Facultade de Ciencias organizou para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna 2024.

  • Resolución

    Categoría A: Bacharelato e ESO

    Primeiro premio: O saturnismo, de Irene González Calvo e Raquel González Calvo, coordinadas por María José Mato Castro, do IES Plurilingüe Adormideras, A Coruña.

    Segundo premio: Falemos de curvas. A catenaria, de Manuel Villaverde Framil, coordinado por Manuel Vázquez Mourazos, do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela.

    Finalistas

    • Teleciencia: isomerías espaciais, de Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra, coordinadas por Marta Elena Aguirre Fernández, do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda.
    • Lei dos gases, de Rosalía Agra Otero, coordinada por Begoña González Cuñarro, do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda.
    • Banco de sementes, de Higinio Rodríguez Cedrón, Anne Rodríguez Orol e Noelia Santín Fernández, coordinados por María Isabel Pérez Postigo, do IES de Becerreá.

    Categoría B: Universidade

    Primeiro premio: O fenómeno da fotoluminiscencia, de María Celeiro Montero.

    Segundo premio: Que che ensinou a química?, de Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu.

    Finalistas

    Entrega de premios

    A entrega de premios aos gañadores e de diplomas aos finalistas terá lugar o venres día 20 de maio de 2022 ás 12 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo. Participarán no acto:

    • D. Francisco José Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo
    • D. José Vázquez Tato, catedrático de Química Física da Facultade de Ciencias que impartirá a conferencia  “A comunicación na Ciencia”
    • D. Xusto Rodríguez Río, técnico superior do Servizo de Normalización Lingüística da USC