Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Proxección e coloquio: 'O rapaz que prendeu o vento’'

Martes 25 de marzo / 18:00-20:00h

III Cineforum Empresa, Economía e Sociedade

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

William (Maxwell Simba) é un rapaz de 13 anos que mora nunha zona rural de Malawi. Alí as condicións económicas empeoraron debido ao mal clima. Isto ademais obrigouno a deixar a escola, dado que a súa familia non pode afrontar outro gasto que non sexa a comida. Para salvar da fame o seu pobo, este mozo cunha mente curiosa inspirarase nun libro de ciencias para construír unha turbina de vento. Con ese muíño a súa comunidade poderá regar os cultivos. A pesar das dificultades para crear esta máquina feita con chatarra, William fará todo o posíbel para salvar o seu pobo.

Este drama biográfico baseado na historia real de William Kamkwamba é o debut como director do actor Chiwetel Ejiofor (Doctor Strange), que tamén protagoniza o filme xunto a Aïssa Maïga (O médico africano), Joseph Marcell (Xente de barrio), Noma Dumezweni (O regreso de Mary Poppins) e o novo debutante Maxwell Simba como William Kamkwamba. (SENSACINE)

Esa é a temática da peza audiovisual de Chiwetel Ejiofor que se proxectará o martes 25 de marzo ás 18:00 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

cartaz cineforum
cartaz cineforum
Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2025.