Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Xermolos de Ciencia

Boletín Galego da Facultade de Bioloxía

A comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía lanza o seu primeiro número da revista: Xermolos de Ciencia: O Boletín Galego da Facultade de Bioloxía. 

Con este boletín, que terá unha periodicidade trimestral, preténdese promover o uso do galego como lingua de comunicación científica, académica e cultural na Facultade de Bioloxía, reforzando a identidade lingüística da comunidade universitaria e visibilizando proxectos e actividades relacionadas coa bioloxía. Ademáis de en esta páxina web, distribuirase por correo electrónico institucional (a toda a comunidade universitaria da Facultade), taboleiros e redes sociais.  Con esta estratexia, preténdese garantir unha ampla difusión e facilitar o acceso ao boletín para toda a comunidade universitaria

O boletín consta de 4 seccións:

  1. Novidades e actividades: Información sobre congresos, conferencias ou eventos celebrados recentemente ou previstos para o seguinte trimestre. Notas sobre proxectos destacados da facultade ou logros de estudantes e profesorado. Publicacións relevantes do persoal investigador.

  2. Ciencia en galego: Pequenos artigos divulgativos de 300-400 palabras sobre temas de interese en bioloxía, redactados en galego, para visibilizar o vocabulario científico na lingua. Propostas como “Sabías que...?” cun dato curioso ou descubrimento relevante explicado de forma sinxela.

  3. Lingua e cultura: Recomendacións de libros, artigos ou recursos en galego relacionados coa bioloxía. Entrevistas curtas a profesionais ou estudantes que empregan o galego na súa práctica académica ou profesional. Reflexións sobre o uso do galego no ámbito científico. 

  4.  Participa! : Convocatorias de premios, concursos ou proxectos nos que o estudantado poida participar. Espazo para que os lectores acheguen preguntas, temas ou artigos para o próximo número.

The contents of this page were updated on 03.05.2025.