Xestión de recoñecemento da eficacia académica a estudos superados consonte un plano de estudos en proceso de extinción, ás materias que se impartan no mesmo grupo de docencia tanto da propia titulación coma de outra distinta, ou aos estudos realizados consonte un plano de estudos doutra universidade nun plano de estudos que conduzan á mesma titulación oficial. Tamén abrague a validación de estudios universitarios realizados consonte un plano de estudos, noutro plano de estudos conducente a distinta titulación
As adaptacións abranguen as seguintes recoñecementos de eficacia académica :
- Os estudos superados consonte un plano de estudos en proceso de extinción, noutro de nova implantación e que o substitúe.
- As materias que se impartan no mesmo grupo de docencia, ou que se consideren unidas ós efectos de impartición no Plano Docente Anual tanto se corresponden á mesma titulación ou a outra distinta.
- Os estudos realizados consonte un plano de estudos doutra universidade, nun plano de estudos da Universidade de Santiago de Compostela, no suposto de que ámbolos dous planos conduzan á mesma titulación oficial.
Validacións pola que se lles recoñecen efectos académicos aos estudios universitarios realizados consonte un plano de estudos, noutro plano de estudos conducente a distinta titulación.
O recoñecemento de estudos realizados en universidades estranxeiras ou en institucións análogas realizarase polo procedemento de validación.