Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

A Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións permite establecer un sistema de apoio titorial extraordinario para axudar aos estudantes a superar aquelas materias que lles presenten especiais dificultades.

O apoio titorial extraordinario terá unha metodoloxía de aprendizaxe que se establecerá entre o profesor-titor e o alumno. O profesor-titor definirá as pautas que deberá seguir o estudante no desenvolvemento da aprendizaxe, as que lle proporcionarán os elementos suficientes para avaliar a súa progresión, mantendo, en todo caso, as garantías e transparencia necesarias.

O apoio titorial só poderá solicitarse para realizalo ao longo do curso e presentarse as oportunidades ordinarias de exame, quedando excluída a convocatoria extraordinaria de fin de carreira, é dicir, os alumnos que soliciten apoio titorial para unha convocatoria ordinaria (primeiro semestre, segundo semestre ou anual) poderán presentarse á convocatoria fin de carreira, pero non poderán recibir o apoio titorial para superar a materia nesta convocatoria.

  • As solicitudes presentaranse de xeito electrónico a través da secretaría virtual do alumno ou a través da sede electrónica da USC.

    • Primeiro período (materias do 1.° semestre e anuais): O prazo de solicitude será dende o 15 ata o 30 de setembro de 2023.
    • Segundo período (materias do 2.° semestre): Poderán solicitar o apoio do 7 ata o 20 de febreiro de 2024.

     

  • Poderán solicitalo os alumnos matriculados en calquera titulación oficial de grao da USC, que reúnan os seguintes requisitos:

    • Que teñan pendentes de superación para o remate dos estudos do título un máximo de 18 créditos ou tres materias (exclúese do cómputo o traballo fin de grao, as prácticas obrigatorias, as prácticas tuteladas e o prácticum).
    • Que teñan esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias para as que soliciten o apoio.

    Estes requisitos poderán reunirse ao inicio do curso ou tras os exames do primeiro semestre.

    Os matriculados en materias sen dereito a docencia tamén poderán acollerse ao apoio titorial extraordinario, sempre e cando cumpran os demais requisitos establecidos nesta convocatoria para as materias con docencia.

    Os estudantes aos que se lles conceda o apoio titorial gozarán do mesmo número de convocatorias ou oportunidades en cada curso académico, para superar a materia, que os demais alumnos, de acordo co que estableza a normativa que sexa de aplicación para as titulacións que estean a cursar.

    Non se poderá solicitar apoio titorial no caso de materias cursadas a maiores das necesarias para titularse, agás no caso de que se precisen para outra especialidade, itinerario ou mención.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2024.