A USC ofrece a posibilidade de realizar estudos de IV.º Ciclo a calquera persoa maior de 50 anos, con independencia do seu nivel formativo previo.
No primeiro curso, por primeira vez, debe facerse a matrícula da totalidade dos créditos do curso. Excepcionalmente, e previa petición individual, atendendo as circunstancias persoais, a Comisión Académica poderá admitir matrículas con menor carga de créditos.
Para matricularse no curso superior non poderás ter máis de unha materia pendente de cursos precedentes.