Para acceder aos estudos de máster na USC hai que ter un título oficial de graduada ou graduado universitario, un título universitario oficial español —licenciada/o, arquitecta/o, enxeñeira/o, enxeñeira/o técnica/o, arquitecta/o técnica/o, diplomado/a— ou calquera outra titulación oficial equivalente; ou tamén un título expedido por unha institución de educación superior doutro Estado do Espazo Europeo de Educación Superior que permita, nese país, acceder ás ensinanzas de máster.
-
Os másteres teñen como finalidade a adquisición por parte do/da estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinaria, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben para iniciarse nas labores de investigación.
Consulta as condicións de acceso, calendarios e prezos na web da USC.