Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Imaxe representativa
O Programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración coa CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas) e as Universidades Públicas Españolas.

O Programa Campus Rural permite que universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas en municipios de menos de 5000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento de calquera Comunidade Autónoma do estado español, a través de entidades cuxas dependencias estean situadas nas zonas obxecto da iniciativa, xa se trate de concellos, mancomunidades e outros organismos. Tamén en asociacións, Cámaras de Comercio ou fundacións sen ánimo lucro e empresas.

  • O prazo para remate de solicitudes conclúe o 9 de maio de 2025

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2025.