Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Cando a homologación dun título estranxeiro quede condicionada polo Ministerio á previa superación de requisitos formativos complementarios, os interesados poderán solicitar a superación de todos ou parte deles na USC.

Co obxectivo de emendar as carencias formativas advertidas na formación do alumnado que cursara unha titulación estranxeira, os requisitos formativos complementarios poderán consistir en:

  • Superación dunha proba de aptitude
  • Realización dun período de prácticas
  • Realización dun proxecto ou traballo
  • Superación de cursos tutelados

Para a homologación do Grao en Odontoloxía realizarase unha proba de aptitude seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CRADO.

  • O alumnado que desexe cursar todos ou parte dos complementos formativos na USC deberá presentar a solicitude a través da Sede Electrónica acompañada da resolución definitiva ditada polo Ministerio nos prazos que estableza a convocatoria de matrícula.

  • Servizo de Xestión Académica

    Servizo de Xestión Académica. Pavillón Estudantil
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2024.