
A Estratexia Galega de Educación Dixital "Edudixital 2020" ten, entre outros obxectivos, favorecer a adquisición das competencias clave do alumnado necesarias para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM, a competencia matemática e a competencia en ciencia e tecnoloxía; sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais, na liña do establecido na Recomendación do Consello Europeo relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.
STEMbach na USC
Acto de Entrega de Diplomas aos estudantes que realizaron o proxecto na USC: Santiago, 9 de xuño de 2023 ás 17:30h. na Facultade de Matemáticas.
-
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte@usc.gal