Ir o contido principal
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organiza entre as súas actividades un “Curso de Titores”.

Convocatoria 2023/2024

Este curso está enmarcado no Artigo 10.9.c) do Real Decreto 822/2021, con un recoñecemento de seis créditos en base a un acordo do Consello de Goberno do 4 de xullo de 2008, desenvolto pola Resolución Reítoral do 14/12/09.

Este curso desenvólvese ó longo de dous cursos académicos:

  • Un primeiro curso teórico no que se da información completa sobre a USC e formase ao alumnado nas técnicas precisas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso na USC.
  • No segundo curso o alumnado da acollida os estudantes de novo ingreso exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza ás instalacións de USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio que lle sexan encomendadas dende o seu centro ou polos Coordinadores do Programa "A Ponte", que tamén actuarán como coordinadores deste Programa de Titores.

As clases do primeiro curso serán do día 4 de marzo ao 21 de marzo, de luns a xoves en horario de 20: 15 a 21 :45 horas. 

Para poder participar neste programa, os alumnos deberán ter superado, como mínimo, 30 créditos.

As solicitudes, dirixidas ao Decano/a ou Director/a, presentaranse nos decanatos ou direccións dos respectivos centros.

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós, a través do correo electrónico aponte [at] usc.es (aponte[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2024.