
É unha acción do Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC (XuvenCiencia), formado por profesorado de diferentes áreas e centros do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) con máis de cinco anos de experiencia e cun grande e crecente éxito. Enmárcase na tradición da “Kinder-” e “Junior-Universität” alemá e as “Children’s Universities” europeas e forma parte das redes europeas de universidades de nenos (EUCU.NET, European Children’s Universities Network) e de campamentos científicos (SciCamp, A Network for Science Camps in Europe).