Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Para iniciar estudos en titulacións de grao a persoa interesada deberá facer a preinscrición nos prazos e seguindo o procedemento establecido.

Para o ingreso en estudos de grao nos centros universitarios, as universidades públicas  integrantes do SUG constitúense nun distrito único e as competencias relativas aos procedementos de admisión, datas de realización, criterios de ponderación e baremos de adxudicación de prazas están conferidas á Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

O alumnado que desexe iniciar estudos oficiais de grao na USC deberá realizar unha solicitude de acceso ou preinscrición a través da aplicación NERTA, agás casos excepcionais que poderán realizar a solicitude nun LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación), nos prazos e procedemento establecidos pola CIUG.

 

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2023.