Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Os estudos de imaxe e espectroscopía in vivo, sitúanse á fronte das novas técnicas diagnósticas como unha ferramenta indispensable na investigación biomédica.

Os estudos fanse co animal anestesiado, seguindo un protocolo de indución de anestesia en cámara, mediante Isoflurano e O2, e un mantemento de anestesia mediante máscara facial no posicionador de animais  dentro do equipo.

Os ratos vivos, que vaian someterse a estudos de imaxe e espectroscopía, permanecerán aloxados en gaiolas con filtros, en situación de corentena permanente no Animalario Experimental.

Á hora de realizar un estudo de imaxe, cada animal transportarase no mesmo día de forma individual á unidade de MRI e, unha vez finalizado o estudo, volverá á sala de corentena, manténdose as condicións ambientais e de desinfección dentro do rango recomendable e compatible co desenvolvemento das investigacións.

Os procedementos realizados na unidade de RMN, así como o transporte e a estabulación dos animais, deben cumprir os requirimentos lexislativos relativos aos animais de experimentación (Directiva 2010/63/UE, Real Decreto 1201/2005 e Decreto 296/2008), polo que antes de levar a cabo estas técnicas experimentais é necesario solicitar unha autorización previa e expresa.

Os usuarios que estean interesados na realización de estudos de resonancia magnética e espectroscopía in vivo deben poñerse en contacto coa de Sección de MRI e o Animalario de Experimentación de Lugo para poder organizar a súa programación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.12.2022.