Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Na espectrometría de emisión óptica con plasma acoplado indutivamente (ICP-OES), a mostra é normalmente transportada ao interior do aparello coma unha corrente líquida que se converte nun aerosol mediante o proceso coñecido como nebulización.

A mostra, en forma de aerosol, transpórtase ao plasma, onde é desolvatada, vaporizada, atomizada e excitada e/ou ionizada polo plasma. Os átomos excitados e os ións emiten a súa radiación a unha lonxitude de onda característica. Esta radiación é detectada e pódese converter en información sobre concentración.

O ICP-OES dispón de dous tipos de nebulizadores: Low-Flow (para mostras en xeral) e ultrasónico (para auga); así como de dous tipos de cámaras de spray: Scott e ciclónica.

As mostras deben estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.

  • Os límites de detección teóricos para cada elemento e a súa dispoñibilidade na actualidade móstranse na seguinte táboa. Para a medida de Hg, requírense condicións especiais.

    Límites de detección teóricos

    Elemento LD teórico (ppb) Elemento LD teórico (ppb) Elemento LD teórico (ppb)
    Ag 7 Hg 61 Rh 44
    Al 28 Ho 430 Ru 30
    As 53 In 63 S ---
    Au 17 Ir 27 Sb 32
    B 4.8 K 42.8 ppm Se 75
    Ba 1.3 La 10 Si 12
    Be 0.3 Li 850 Sm 43
    Bi 24 Lu 1 Sn 25
    Ca 10 Mg 0.2 Sr 4
    Cd 2.7 Mn 1.4 Ta 25
    Ce 48 Mo 7.9 Tb 23
    Co 6 Na 69 Te 41
    Cr 7.1 Nb 36 Th 65
    Cs 42 ppm Nd 50 Ti 3.8
    Cu 5.4 Ni 10 Tl 120
    Dy 10 Os 0.4 Tm 5
    Er 10 P 76 U 250
    Eu 2.7 Pb 42 V 5
    Fe 4.6 Pd 44 W 5
    Ga 46 Pr 37 Y 3
    Gd 14 Pt 30 Yb 1.8
    Ge 40 Pu 15 Zn 1.8
    Hf 15 Rb --- Zr 7.1

    As mostras deben estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.
    No caso de mostras sólidas, nas que hai que realizar un ataque ácido, a Unidade dispón de muíño, microondas e dixestor para a preparación das mostras.

  • Os campos de aplicación son:

    • Agricultura e alimentos: solos, lodos, fertilizantes, pensos, vexetación, alimentos, bebidas.
    • Bioloxía e clínica: tecidos animais e  fluídos biolóxicos como soro ou ouriños.
    • Xeoloxía: rochas, solos, sedimentos e materiais relacionados.
    • Medio ambiente e augas: lodos, augas, cinzas, aire, po.
    • Orgánicos: produtos derivados do petróleo, aceites.
  • Unidade de Análise Instrumental

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS) Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2022.