Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Técnica espectroscópica especialmente desenvolvida para a análise de elementos que dá lugar a medidas rápidas, exactas e precisas.

O plasma de acoplamento indutivo é unha fonte de ionización a presión atmosférica onde a mostra que chega é atomizada e ionizada.

Os ións formados pasan ao espectrómetro de masas onde son separados segundo a súa relación carga/masa. Cada unha das masas que chega ao detector é analizada para determinar a súa abundancia na mostra.

Características:

  • Permite a determinación multielemental da maioría dos elementos do sistema periódico.
  • Permite a medida de relacións isotópicas.
  • Permite o acoplamento de técnicas de separación como HPLC.
  • Atínxense límites de detección dunhas poucas ppb-ppt para a maioría dos elementos.
  • As áreas de aplicación mais frecuentes son: medio ambiente, xeoloxía, edafoloxía, xeoquímica, petroquímica, metalurxia, arqueoloxía, biomedicina, ciencias forenses, alimentación e farmacia.

  • Na táboa móstranse os límites de detección típicos (DL), con e sen gas CRI, para algúns dos elementos que poden ser cuantificados mediante esta técnica:

    Non CRI* con CRI, H2 no separador
    Isótopos DL (ng/L) DL (ng/L) BEC (ng/L)
    9Be 3 0.5 1.1
    23Na 200 13 252
    24Mg 2 0.5 4.7
    25Mg 5 1 5.3
    27Al 2.0 0.8 7.9
    39K 500 43 328
    40Ca - 3 23
    44Ca 500 7 81
    49Ti 3 1 3.2
    51V 3 0.2 1.7
    52Cr 8 0.6 13
    53Cr 3 1.5 23
    55Mn 2 0.4 10
    56Fe 4000 2 167
    57Fe 300 44 2146
    59Co 0.2 0.2 0.8
    60Ni 2 10 68
    63Cu 0.3 1 5.3
    65Cu 2 1 7.0
    66Zn 5 2 15
    68Zn 20 1 17
    75As 20 0.6 2.2
    78Se 400 2 26
    80Se - 9 193
    98Mo 0.4 0.7 2.7
    107Ag 0.6 0.2 1.2
    111Cd 0.2 0.2 0.2
    206, 7, 8Pb 0.3 0.1 1.9
    232Th 0.04 0.08 0.9
    238U 0.06 0.01 0.07
  • As mostras deberán estar en disolución e convenientemente filtradas.

    A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes 10 mL.

    No caso de mostras sólidas, nas que hai que realizar un ataque ácido, disponse de muíño, microondas e dixestor para a preparación das mostras.

    Antes de enviar mostras, débese contactar co técnico de servizo para consultar a dispoñibilidade do aparello.

  • Unidade de Análise Instrumental

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS) Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2022.