Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Voluntaria
Na USC, a participación en accións de carácter solidario é considerada un elemento fundamental da formación das persoas.

A USC desenvolve unha serie de cursos, xornadas e obradoiros para que as persoas voluntarias poidan realizar un mellor servizo na organización coa que colaboran e acadar un maior aproveitamento social das súas actividades.

Para poder realizar estas accións formativas, a USC conta coa participación de persoal técnico do Servizo de Participación e Integración Universitaria, con profesionais dos seus cadros académicos e, fundamentalmente, cos técnicos e profesionais das diferentes institucións de carácter solidario coas que colabora.

Os cursos de formación están recoñecidos academicamente.

  • A calidade é outro dos principios reitores das accións solidarias impulsadas pola USC. Así, para poder mellorar toda a oferta formativa desenvolvida durante o ano académico, ao remate de cada unha das xornadas, cursos ou actividades formativas organizadas, entrégase unha enquisa de avaliación para ser cuberta, de xeito anónimo, polos participantes.

    Para poder obter o certificado de aproveitamento só se poderá faltar ao 10 % das horas totais do curso. É obrigatoria a entrega dunha memoria final dunha extensión mínima de 400 palabras. Non será posible a devolución das taxas unha vez realizada a matrícula, excepto pola suspensión do curso.

Actividades relacionadas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2023.