
En función das necesidades de cada estudante a USC ofrécelle os apoios de carácter académico ou técnicos necesarios, sempre de carácter personalizado e segundo a súa diversidade. No plano académico, logo dunha entrevista persoal, defínense as adaptacións curriculares non significativas, a aplicar en cada caso.
De acordo cos principios de igualdade de oportunidades, as adaptacións son axustes razoables para afrontar os retos de aprendizaxe en condicións semellantes ao resto dos estudantes, sen que iso deba supoñer unha diminución do nivel académico esixido.
-
As adaptacións para os exames deberán pedirse con antelación, sen agardar a que remate o período lectivo, salvo causas excepcionais debidamente xustificadas.
Podes enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web ou na secretaría virtual. Na solicitude debes indicar as materias do primeiro semestre e o profesorado que coordina cada materia. As materias do segundo semestre deberás confirmalas, necesariamente, durante o mes de xaneiro.
No caso de realizar unha modificación de matrícula deberás informar ao SEPIU da necesidade de comunicar as adaptacións ao profesorado da nova materia.
Se necesitas consultar calquera dúbida antes de facer a solicitude, podes reservar unha cita por teléfono ou a través da aplicacion de resevas, no apartado de tramitación.
-
Prazo de solicitudes
Podes realizar a túa solicitude a partir do 18 de agosto de 2025.
No caso de realizar a solicitude por primeira vez deberás ter activada túa conta de usuario [nome.apelido@rai.usc.gal ]
Requisitos xerais
- Presentar a solicitude xunto coa documentación necesaria.
- Acudir ás titorías no prazo de dúas semanas desde a entrevista no SEPIU.
- Reservar unha entrevista no SEPIU no Campus de Santiago ou no Campus de Lugo, en función de onde curses os teus estudos.
Documentación
Cando se realice a solicitude por primeira vez, é necesario acompañala do documento que acredite as circunstancias persoais. Pode ser necesario presentar:
- Informe médico oficial, informe psicolóxico e/ou informe psicopedagóxico.
- Ditame técnico facultativo, cando se teña recoñecida unha condición de discapacidade.
- Informe das adaptacións nas probas de acceso á universidade, se as houber.
A documentación deberá subirse en formato pdf ou imaxe xunto coa solicitude.
Na solicitude deberán figurar as materias nas que se vai necesitar adaptacións. Se no momento de realizar a solicitude por primeira vez, o/a estudante descoñecese algún dato sobre a coordinación da materia, poderá achegalo durante as dúas primeiras semanas de clase.
Cando se pida a renovación das adaptacións sen terse producido cambios substanciais con respecto ao curso inmediatamente anterior, non será necesario presentar de novo a documentación nin solicitar a entrevista. Se no momento de revisar a solicitude, o SEPIU valorase a necesidade de facer axustes nas adaptacións, programarase unha entrevista de acordo co/a estudante.
Cando se realice unha modificación de matrícula, o estudante debe comunicar ao SEPIU as novas materias nas que sexa necesario adaptacións, nos prazos establecidos no calendario oficial.
-
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 812 859
- 881 812 858
- sepiu.santiago@usc.gal
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 594
- sepiu.lugo@usc.gal