Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Voluntarixs
No marco dos programas de voluntariado, a USC ofrece a posibilidade de adquirires unha experiencia única participando nun proxecto dunha entidade social en Santiago, en Lugo ou noutras localidades.

Nos programas de  voluntariado,  a USC ofrece a posibilidade de adquirires unha experiencia única participando nun proxecto dunha entidade social en Santiago, en Lugo ou noutras localidades.

As actividades de voluntariado contan con horarios flexibles e a colaboración establécese de xeito individual, atendendo á dispoñibilidade persoal e ás necesidades do programa no que se queira participar.

  • Desenvólvense actividades en diferentes ámbitos: inclusión social, saúde, atención á diversidade, comunidade universitaria, educación, menores, persoas maiores, medio ambiente, cultura, entre outras…

    Débese ter en conta tamén que nos programas de voluntariado con menores é necesario ter un certificado de carencia de delitos de natureza sexual.

     

  • Durante todo o curso académico; hai determinadas actividades que dan preferencia a aquelas persoas que inician a súa colaboración en outubro ou en febreiro, podendo facer axustes para poder adaptala ao curso académico universitario.

     

  • Todas as actividades nas que se pode participar reforzan a adquisición de competencias transversais, axudan a enriquecer o currículo e contan con recoñecemento académico. Pódense recoñecer ata 6 créditos optativos por actividades de participación social e voluntariado en todas as titulacións de Grao. 

    O recoñecemento académico das actividades realízase en función do número de horas realizadas no programa de voluntariado. En calquera caso o primeiro crédito optativo é o resultado de sumar os módulos de formación básica (10 horas) e as horas de voluntariado realizadas durante o curso académico. Un crédito optativo equivale a 25 horas.

    Os módulos de formación básica realízanse en modalidade de autoformación. A primeira parte consta de dous módulos, un común de carácter introdutorio e outro específico, que son avaliados a través de cuestionarios tipo test. Na segunda parte é necesario realizar dúas tarefas, un comentario sobre un tema proposto e unha memoria sobre a actividade voluntaria. Cada unha das tarefas debe ter unha extensión mínima de 1000 palabras para ser avaliada. Para solicitar o certificado de recoñecemento académico é necesario ter superado todas as tarefas e estar rexistrado no servizo na convocatoria vixente.

    Todo o alumnado de grao conta coa posibilidade de solicitar recoñecemento académico cando participe durante un semestre, sempre e cando a temporalidade da actividade así o permita. De igual xeito, todas as persoas inscritas poden solicitar un certificado cando finalicen o seu voluntariado.

  • Servizo de Participación e Inclusión Universitaria

    SEPIU. Pavillón de Estudantes

    Servizo de Participación e Inclusión Universitaria

    SEPIU. Edificio Intercentros

Novas relacionadas