Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
17 de novembro de 2023, Campus de Santiago de Compostela
23 de novembro de 2023, Campus de Lugo
Imaxe corporativa de Senior Innovation Lab

"Senior Innovation Lab (SIL) é unha experiencia educativa que se leva desenvolvendo os tres últimos cursos na Universidade de Santiago de Compostela para promocionar as capacidades de emprendemento e innovación arredor da lonxevidade da nosa poboación.

Ademais da formación presencial en formato hackaton (8 horas nunha sesión formativa única de mañá e tarde), a formación compleméntase con dúas sesións de traballo en liña (un kick-off meeting no que traballar as expectativas e presentar os conceptos, e unha de peche na que traballar o plan de comunicación), traballo autónomo grupal (pecha da idea innovadora e preparación da información en liña) e individual (preparación do dossier no que se recollan as distintas accións formativas e as implicacións para o proceso de aprendizaxe).  

Campus de Santiago

  • venres 17 de novembro de 2023
  • de 09:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas
  • no Centro de Estudos Avanzados, Parque de Vista Alegre, rúa Salvadas, Santiago de Compostela

Campus de Lugo

  • xoves 23 de novembro de 2023
  • de 09:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas
  • na EPS de Enxeñaría, rúa Benigno Ledo, Lugo

Recoñecemento de créditos: 1 ECTS para alumnado de grao.

Recoñecido pola EDIUS para estudantes de doutoramento.

Experiencia formativa financiada polo proxecto DeepInventhei (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/), que coordina a Universidade de Oporto dentro da iniciativa EIT-HEI do European Institut of Technology, orientada a promover as competencias de innovación e emprendemento nas universidades europeas.

Senior Innovation Lab é unha experiencia interxeracional, na que participan alumnado de grao, master, doutoramento e IV Ciclo.

  • Máis información

     correo-e: senior.innovation@usc.es

    Lugar de celebración

    Centro de Estudos Avanzados, parque de Vista Alegre, rúa Salvadas, s/n, Santiago de Compostela.

    Escola Politécnica Superior, Rúa Benigno Ledo, 2, Lugo

     

     

  • Matrícula gratuíta.

    Límite de prazas con lista de agarda.

    Data límite de inscrición ata o 13 de novembro de 2023, para os dous campus.

  • 9:30 Inicio da sesión de mañá. Presentación da xornada
    9:45 Dinámica de activación
    10: 15 Escoller as ideas / retos sobre os que traballaremos
    11:00 Buyer Persona
    12:00 Primeira versión da Proposta de Valor
    12:30 DAFO da proposta
    13:00 Mellora da Proposta de Valor
    13:45 Dinámica de peche
    14:00 Peche da sesión da mañá

    16:30 Inicio da sesión de tarde. Testimonios de entidades e empresas innovadoras.
    17:00 Business Model Canvas
    17:45 Plan de Acción
    18:30 Prepararación de Elevator Pitch
    19:20 Presentación de Elevator Pitch
    19:50 Deliberación e entrega de diplomas.
    20:00 Peche da xornada

    Realizaranse ademais dúas sesións de traballo online, unha previa ó hackaton, para traballar as expectativas e motivación arredor do Senior Innovation Lab, a unha posterior ó hackaton, en grupo pequeno, sobre as posibilidades de comunicación e traballos futuros arredor da idea innovadora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2023.