Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
As xornadas articúlanse arredor de relatorios, mesas redondas, paneis de experiencias e presentacións de pósteres. Tratarán de consolidar a cultura de cooperación e coordinación na RGCUD a través de espazos e dinámicas estables de diálogo, planificación e coordinación e a posta en valor das capacidades e talentos específicos de cada Universidade.
Semana Galega CUD

Nestas xornadas achegarase ao fenómeno da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento establecendo un foro de diálogo e reflexión entre os principais actores da cooperación en torno á cooperación universitaria ao desenvolvemento, co obxecto de reforzar o papel das Universidades Públicas como axentes de cooperación e crear sinerxías conxuntas que xeren efecto multiplicador das accións de cooperación no marco da Axenda 2030.

 

  • Persoas destinatarias. Comunidade Universitaria e entidades sociais.

    Estas xornadas van dirixidas a docentes, investigadores/as, estudantes, persoal universitario de servizos e administración así como a traballadores/as das entidades sociais e público en xeral que teña un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD).

    Acreditación da asistencia

    • Ao profesorado das tres universidades galegas acreditaráselle a asistencia de acordo coa normativa das súas propias universidades (para máis información: santiago@usc.galocvfer@udc.es ou direc.equidade@uvigo.gal).
    • Para o resto da comunidade universitaria e o público xeral, a acreditación de asistencia realizarase de acordo co disposto a continuación (é preciso indicar a modalidade elixida na inscrición):
      • Por asistir ao evento completo obterase unha acreditación por 22 horas de docencia.
      • Para acadar a acreditación de asistencia  é preciso, como mínimo, asistir a unha das xornadas de forma presencial e o seguimento en liña do 80 % das xornadas.
      • Pola asistencia presencial a unha das xornadas completa (A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo), entenderase unha acreditación de asistencia de sete horas de duración.

    Programa: Descargar o programa.

    Ligazón: Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD)

  • Datas: 9 - 11 de maio de 2023

    Xornada 1: Alianzas

    • Martes, 9: Universidade de Vigo, Sala 1 do Edificio Miralles.

    Xornada 2: A Universidade creando conciencia

    • Mércores, 10: USC, Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

    Xornada 3: As persoas

    • Xoves, 11: Universidade da Coruña, Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.

    Inscrición: a través deste formulario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.