-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 1
Clase Expositiva: 15
Clase Interactiva: 35
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Ciencia da Computación e Intelixencia ArtificialCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Nesta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos necesarios que lle permitan abordar o analise e deseño de aplicacións distribuidas nas que dous ou mais programas teñen que dialogar entre sí para obter un resultado dado. Estes coñecementos incluen un estilo de deseño e implementación que está condicionado polo feito de que as funcionalidades do programa están distribuidas entre diferentes compoñentes que típicamente se encontran en ordenadores diferentes, o que impón necesidades de interacción entre ditos compoñentes. Por ilo, estudaranse os diferentes paradigmas de computación distribuída así como as solucións middleware mais usadas na actualidade para o desenrolo deste tipo de aplicacions. Entre outros aspectos estudaranse os paradigmas cliente-servidor, as chamadas a procedementos remotos, o paradigma de obxectos distribuídos nas suas distintas implementacions, as arquitecturas orientadas a mensaxes e as arquitecturas baseadas en pares (P2P) e en axentes, facendo especial énfasis, neste último caso, na linguaxe de comunicación e os protocolos de interacción entre os mesmos.
1. Paradigmas da computación distribuída.
2. O modelo do paso de mensaxes.
3. O modelo cliente/servidor.
4. Aplicacións colaborativas.
5. Obxectos distribuidos.
6. Arquitecturas baseadas en pares.
7. Arquitecturas orientadas a mensaxes.
8. Sistemas multiaxente.
9. Servicios en rede.
10. Espacios de obxectos.Bibliografía básica
1. LIU, M. L. Computación Distribuida: Fundamentos y Aplicaciones. Addison Wesley 2004. ISBN 84-7829-066-4.
2. COULOURIS, George, DOLLIMORE, Jean y KINDBERG, Tim. Sistemas Distribuidos: conceptos y diseño. 3ª edición. Addison Wesley 2001. ISBN 84-7829-049-4.
Bibliografía complementaria
3. TANENBAUM, Andrew S. y STEEN, Maarten van. Distributed systems: principles and paradigms. 2ª edición. Pearson Education Inc. 2007. ISBN 0-13-239227-5.
4. STEVENS, W. Richard. Unix Network Programming. Volumen 1: Networking APIs - Sockets and XTI. Prentice-Hall 1997. ISBN 013490012X.
5. HORSTMANN, Cay S. y CORNELL, Gary. Core Java. Volumen 2: Advanced Features. Prentice-Hall 1999. ISBN 0130819344.
6. HAROLD, Elliotte Rusty. Java Network Programming. 3ª edición. O'Reilly 2004. ISBN 0-596-00721-3.
7. HARKEY, Can y ORFALI, Robert. Client/Server Programming with Java and CORBA. 2ª edición. John Wiley & Sons 1998. ISBN 047124578X.
8. ERDOGAN, Levent. Java Message Service (JMS) for J2EE. Que 2002. ISBN 0-7357-1255-7.
9. CHAPPELL, David y MONSON-HAEFEL, Richard. Java Message Service. O'Reilly 2000. ISBN 0596000685.
10. FREEMAN, Eric, HUPFER, Susanne, ARNOLD, Ken. JavaSpaces: Principles, paterns and practice. Prentice-Hall Java Series 1999. ISBN 9780201309553.
11. EDWARDS, Keith. Core Jini. Prentice-Hall Java Series 2000. ISBN 0130894087.
12. BELLIFEMINE, Fabio, CAIRE, Giovanni, GREENWOOD, Dominic. Developing multi-agent systems with JADE. Wiley series in agent technology. ISBN 978-0-470-05747-6.Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grado en Enxeñería Informática CG4, CG6, CG8, CG9, CG10 y TR2. No que atinxe o módulo de programación no que se inscribe a presente materia, verase con maior intensidade as competencias FB5, RI8, RI11, RI14 e TI6.
Dentro das competencias e resultados do aprendizaxe que o estudante adquire destacan; manexar diferentes niveis de abstracción para estructurar o software a desenvolver; programar baixo o paradigma de programación orientada a obxetos; identificar posibles estratexias de solución de problemas con conceptos propios da orientación de obxetos, como o uso da jerarquía, o polimorfismo e a utilización de interfaces de obxetos; coñecer diferentes paradigmas de programación e saber elexir o mais axeitado a cada situación; coñecemento dos diferentes paradigmas de programación; motivación e capacidade de autoaprendizaxe e autoestima e espíritu de superación.Neste punto debemos distinguir o que serán clases de teoría e clases de prácticas. No que atinxe á teoría empregaranse transparencias ou diapositivas que mostren os conceptos fundamentais, así como unha serie de exemplos e figuras que axuden a clarificar ditos conceptos.
Respecto as clases de prácticas, os alumnos deberanse enfrentar a unha serie de problemas prantexados polo profesorado, que tendrán que resolver e entregar na data proposta. Para a sua realización, o alumno disporá con exemplos realizados e bibliografía complementaria. Algúns dos traballos propostos realizaranse por duas ou mais persoas para fomentar o traballo en grupo.
Farase uso do Campus Virtual, tanto para o acceso os contidos da materia por parte dos alumnos como para o seguimento das prácticas entregadas polos alumnos por parte do profesor.
As competencias FB5, RI8, RI11, RI14, TI6, CG4, CG6, CG8, CG9 e CG10, así como as indicadas no módulo de programación teñen contidos específicos asociados na parte teórica e práctica da materia e avalíanse de xeito explícito nas probas realizadas ao longo do curso.
As competencias de tipo TR2 trabállanse de xeito implícito pola propia dinámica das clases onde o traballo en equipo e necesario para a realización de determinadas tarefas.A evaluación do alumno farase en base a unha exame final que cuantifique os coñecementos adquiridos ó longo do curso e do seguimento continuo do traballo realizado en prácticas. É requisito indispensable para poder superar a materia a asistencia a clase e superar ámbalas duas partes por separado.
A asistencia a clase verificarase mediante a cumprimentación de follas de asistencia tanto en teoría como en prácticas.
A nota final calcularase como a media xeométrica entre a nota obtida na exame de teoría e a nota de prácticas, salvo no caso de que unha de esas notas sexa inferior ó aprobado, en cuio caso a nota final calcularase como o mínimo de ambaslas duas notas.
Dentro da parte teórica da materia avariaranse as competencias CG8, CG9, CG10, TR2, FB5, RI8, RI11, RI14 e TI6 mediante distintas preguntas no exame teórico.
Dentro da parte práctica da materia a nota terá en conta o grao de consecución das competencias CG4, CG6, CG8, CG9, TR2, RI8, RI11 e RI14.
Para que se asuma como calificación a de "Non Presentado" o alumno non podera presentarse o exame final e non presentar a evaluación mais do 25% dos trabajos de prácticas.
Na etapa de evaluación de xullo o alumno disporá dunha nova oportunidade para superar a parte teórica da materia en base a un novo exame e terá habilitado un periodo para a presentación das prácticas que non superara durante o curso. En calqueira caso, a nota final da materia establecerase en base os últimos exames e/ou traballos presentados, non existindo como opción a realización dunha exame de prácticas.
No que respecta os alumnos repetidores, non se fai ningún tipo de distinción na sua evaluación con respecto o resto dos alumnos. Estes deberán, igualmente, superar tanto a parte teórica como a práctica por separado para poder superar a materia.
A avaliación dos alumnos que se presenten na convocatoria extraordinaria (decembro/xaneiro) é exactamente igual a do resto dos alumnos: realización dunha exame teórica e realización dunha serie de prácticas. Novamente non hai exame de prácticas.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.O traballo realizado polo alumno divídese en dous grandes apartados: traballo presencial na aula e traballo persoal do alumno. No que respecta o traballo presencial na aula, estimamos que o alumno deberá adicar alomenos 51 horas, repartidas nos seguintes apartados: clases maxistrais (15 horas), clases interactivas (35 horas) e tutorias (1 hora). No que respecta o traballo persoal do alumno, éste deberá adicar alomenos 92 horas, repartidas nos seguintes apartados: estudo autónomo (24,5 horas), escritura de exercicios, conclusións e outros traballos (15 horas), programación no ordeador (37,5 horas) e evaluación de traballos, proxectos, exámes, etc. (15 horas).
Se ben non é indispensable, é recomendable dispor dun ordenador con conexión a Internet. Nas prácticas usarase indistintamente o sistema operativo Windows e Linux, polo que é recomendable ter instalados ambos sistemas operativos.
Na materia farase uso da USC Virtual.
Como software usarase o JDK de Sun e, opcionalmente, algún entorno de desenrolo, tipo Netbeans ou Eclipse. Tamén usarase o entorno de desenrolo de axentes JADE.
A asignatura impártese en castelan, si ben non hai inconvinte en respostar a cuestións en galego.
Como bibliografía en liña solicitouse a disponibilidade do primeiro libro da bibliografía básica
-
Jesus Maria Rodriguez Presedo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816433
- Correo electrónico
- jesus.presedo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Castelán IA.S1 Martes 11:00-14:00 Grupo /CLIL_04 Castelán IA.S1 Mércores 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán IA.S1 Xoves 15:30-18:30 Grupo /CLIL_01 Castelán IA.04 Venres 11:00-14:00 Grupo /CLIL_02 Castelán IA.02 15:30-18:30 Grupo /CLIL_03 Castelán IA.S2 Exames 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 Aula A3 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 Aula A3 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_03 Aula A3 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_04 Aula A3 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A3 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A4 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 Aula A4 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 Aula A4 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_03 Aula A4 21.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_04 Aula A4 10.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_04 Aula A2 10.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula A2 10.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_01 Aula A2 10.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_02 Aula A2 10.07.2025 16:00-20:00 Grupo /CLIL_03 Aula A2