Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 40 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é formar ao alumno nos conceptos e terminoloxía básicos necesarios para acometer proxectos relacionados coa programación en Internet. Concretamente a materia exponse dotar ao alumno das ferramentas básicas utilizadas hoxe en día para a programación de sistemas distribuídos na web. Entre as devanditas ferramentas figuran a linguaxe HTML para a creación de páxinas web, o formateo das mesmas mediante follas de estilos CSS, a creación de páxinas web dinámicas, mediante linguaxes de script, (Javascript), o uso de linguaxe XML, a programación no lado do servidor, mediante servlets, JSP e PHP e o acceso a bases de datos mediante JDBC.
Nota.- en caso de ter que aplicar Escenarios 2 e/ou 3 (segundo a situación), non se preveen cambios.
1. Introdución
2. HTML
- Introdución
- Características xerais
- Presentación de texto
- Imaxes
- Bloques
- Enlaces
- Táboas
- Listas
- Formularios
3. CSS
- Crear estilos
- Aplicar estilos
- Formatear estilos
- Presentación con estilos
- Frameworks CSS
4. Linguaxes de Script. JavaScript
- Introdución
- Variables
- Operadores
- Estruturas de control
- Arrays
- Funciones
- Operacións con cadeas
- Métodos DOM
5. JQuery
6. Fundamentos de AJAX
7. Servlets
- Introdución
- Estrutura básica
- Ciclo de vida do servlet
- Cookies
- Sesións
8. JSP
- Introdución
- Linguaje de expresión en JSP 2.0
- Compoñentes software: JavaBeans
- Biblioteca estándar de etiquetas
- Etiquetas personalizadas
9. JDBCs
- Introdución
- Estrutura básica
10. Patrones y Frameworks
- Introducción
- Struts
- Spring
Bibliografía Básica:
Meloni JC: "Programación HTML5, CSS3 Y JAVASCRIPT (2ª ED.). Editorial Anaya.
Murachs J and Urban M: Java Servlets & JSP (3rd Edition). Editorial Mike Murach & Associates.
Bibliografía Complementaria
Lubers P, Albers B, Salim F: “HTML5 Programing”. Ed Apress.
Schmitt Christopher: “Curso de CSS”. Anaya Multimedia O’Reilly.
José Manuel Alarcón: "JavaScript". Anaya Multimedia.
Hall Marty, Brown Larry: “Core Web Programming”. Sun Microsystem Press.
Hall Marty: "Core Servlets and JavaServer Pages". Sun Microsystem Press.
Jayson Falkner, Ben Galbraith et al: "Desarrollo Web con JSP". Anaya Multimedia.
Gregorio Martín e Isabel Martín: "Curso de XML". Pearson/Prentice Hall.
Competencias Globais e Transversais
Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática e a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas (CG1)
Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática (CG2)
Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e (CG4)
Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións (CG8)
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática (CG9)
Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade (TR3)
Competencias de Formación Básica
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos Sistemas Distribuídos, as Redes de Computadores e Internet e capacidade para deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas (RI11)
Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesado e acceso aos Sistemas de información, incluídos os baseados en web (RI13)
Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil (TI6)
Competencias específicas e resultados da aprendizaxe:
- Comprensión da paradigma da WWW.
- Comprensión do concepto de aplicación web.
- Coñecemento e aplicación das tecnoloxías e linguaxes de programación para desenvolver aplicacións web.
- Coñecemento e aplicación das metodoloxías de deseño de aplicacións web.
- Capacidade de xestionar proxectos satisfacendo os requisitos do mesmo e cumprindo datas de entrega.
- Motivación e capacidade de autoaprendizaje.
A materia consta de 10 horas de teoría e 40 de prácticas. Durante as clases de teoría explicaranse os conceptos básicos que haberán de ser desenvolvidos en profundidade polos alumnos nas clases de prácticas. As clases de prácticas consistirán non só no desenvolvemento dun traballo senón tamén na discusión co profesor dos resultados alcanzados. Durante as sesións de prácticas, cada alumno realizará dous proxecto que será avaliado ao final da materia.
As tutorías poderán ser presenciais ou telemáticas. Se son telemáticas requirirán de cita previa. Isto tamén se recomenda para as tutorías presenciais.
A materia avaliarase baseándose en dos conceptos:
i) Exame escrito (60%). Competencias: CG8, RI11, RI13.
ii) Proxectos (40%). Competencias CG1, CG2, CG4, CG9, TR3, TI6. Serán evaluados mediante presentación de material y realización de controles.
A condición de aprobado será a consecución de 5 o máis puntos obtidos mediante a suma, ponderada aos porcentaxes indicados, dos tres conceptos sinalados.
Avaliación en período extraordinario (xullo)
Poderanse recuperar as partes que non quedaron aprobadas en febreiro: traballos non entregados, exame, pero non as prácticas realizadas durante o período ordinario de avaliación.
Condición de Non Presentado
Aqueles alumnos que non fosen avaliados en ningún aspecto da materia. Inclúense tamén aqueles alumnos cunha porcentaxe que non represente máis dun 10% da nota total máxima da materia, poderán optar á condición de Non Presentado, para o que deberán informar o profesor coordinador da materia.
Outras consideracións:
- A materia cualifícase como un todo e por tanto non se conservan partes entre convocatorias. Si se manterá a nota conseguida nas 2 partes en que se divide a materia, dentro da mesma convocatoria (febreiro e xullo do mesmo curso).
- Os alumnos repetidores seguirán o mesmo proceso de avaliación que o resto de alumnos.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cada semana os alumnos terán 1 hora de teoría e 4 de prácticas obrigatorias. Necesitarán polo menos outras 6 horas de traballo en casa.
Estudo dos conceptos vistos en teoría e realización individual das prácticas, tratando de chegar á súa comprensión. Non se debe conformar o alumno co mero feito da súa realización.
Para a realización da parte práctica da materia, é necesario ter unha conta no sistema informático da USC.
Pablo Garcia Tahoces
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881813580
- Correo electrónico
- pablo.tahoces [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eduardo Manuel Sánchez Vila
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Teléfono
- 881816466
- Correo electrónico
- eduardo.sanchez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-18:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.04 |
Xoves | |||
15:30-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.S2 |
Venres | |||
09:30-12:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.S2 |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S1 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.S2 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.S2 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | IA.S2 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.S2 |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.S2 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |