Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.simulacionnumerica@usc.es

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600847
    Número prazas: 9

    Coordinador-a do título:
    Peregrina Quintela Estevez
    peregrina.quintela@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    25/09/2013

    Códigos ISCED:
    (520) Ingeniería y profesiones afines
    (461) Matemáticas
    (0719) Ingeniería y profesiones afines (otros estudios)

    Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc. Este programa pretender cubrir esas necesidades.

    A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en términos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR.

    A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

    Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

    A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en termos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR. A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora dos grupos que lideran o programa nas tres universidades galegas. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

  • Curso avanzado de ecuacións en derivadas parciais

    • E4061A01

    Curso avanzado de elementos finitos

    • E4061A02

    Temas avanzados de matemática aplicada I, II, III e IV

    • E4061A03

    Computación paralela

    • E4061A04

    Cursos do máster en enxeñaría matemática ou de másters equivalentes

    • E4061A05

    Cursos avanzados externos ao programa e recoñecidos pola CAPD

    • E4061A06

    Estancias de investigación

    • E4061A07

    Asistencia e participación en congresos

    • E4061A08

    Elaboración de artigos científicos

    • E4061A09
  • Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

    Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc. Este programa pretender cubrir esas necesidades.

    A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en términos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR.

    A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

    Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Peregrina Quintela Estevez

    Secretario/a
    Jeronimo Rodriguez Garcia

    Vogais
    Rafael Muñoz Sola

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2023.