Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Matemáticas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.matematicas@usc.gal

O Programa de Doutoramento en Matemáticas, asociado ao «Campus Vida» de Excelencia Internacional dá USC, e con mención de calidade obtida en 2008, posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. Os doutores formados nel crearon grupos de investigación que concorreron e concorren con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financiamento e as súas publicacións acadaron e seguen acadando cotas de gran calidade e repercusión.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600506
    Número prazas: 10

    Coordinador-a do título:
    Jesús Antonio Álvarez López
    jesus.alvarez@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    18/05/2020

    Códigos ISCED:
    (461) Matemáticas
    (0541) Matemáticas

    O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC. Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento. As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión.
    Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

    Segundo o ranking 2014 da Universidade Nacional de Taiwan a USC é a número 57 do mundo en investigación matemática, a 13 a nivel europea e a primeira de España, posto confirmado polo ranking da Universidade de Granada en repetidas ocasións. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

  • Seminario de álxebra

    • E1091A01

    Seminario de astronomía

    • E1091A02

    Seminario de ecuacións diferenciais e análise funcional

    • E1091A03

    Seminario de topoloxía, análise global, dinámica topolóxica e aplicacións

    • E1091A10

    Seminario de análise xeométrica e accións isométricas

    • E1091A11

    Seminario de topoloxía

    • E1091A12

    Seminario de iniciación á investigación (SII)

    • E1091A13

    Cursos transversais da EDIUS

    • E1091A14

    Mobilidade no PD en Matemáticas

    • E1091A15
  • A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/as candidatos/as. A aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento proporáselles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.
    Estes complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao, e deberanse superar no período inicial de desenvolvemento da teses, nun prazo máximo dun curso académico e para efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración é a de formación de nivel de doutoramento.

    Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS do Grao en Matemáticas ou do Máster en Matemáticas.

    Os enlaces ás titulacións de grao e máster mencionadas son:
    https://www.usc.gal/gl/estudos/graos/ciencias/grao-matematicas
    https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias/master-universitario-m…
     

  • O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC.

    Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento.

    As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión. Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas.

    O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

    O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC. Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento. As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión.
    Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.

  • O perfil de egreso é o dun investigador en Matemáticas ou Astrodinámica. As capacidades, coñecementos e habilidades adquiridas polo doutorando lle permiten ser xa un investigador activo nalgunha das liñas de investigación do programa, tendo iniciado unha carreira investigadora na que irá alcanzando cada vez máis independencia. As saídas profesionais acordes con este nivel formativo son: profesor/a universitario/a, investigador/a nalgún centro de investigación matemática ou con necesidade de coñecementos matemáticos avanzados, contratado/a por algunha empresa cunha necesidade importante de coñecementos matemáticos avanzados, tanto para uso propio como para transferilos. A liña de investigación en Astrodinámica tamén abre a posibilidade de contratación como Investigador/a en institutos de Astronomía e Astrofísica e de ser astrónomo/a titular do Observatorio Astronómico Nacional.

  • como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para o Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Cohomoloxía de De Rham espazos difeolóxicos 10/12/2024 Reihaneh Mehrabi Enrique Macías Virgós
    Antonio M. Gómez Tato
  • Coordinador/a
    Jesús Antonio Álvarez López

    Secretario/a
    Alberto Cabada Fernandez

    Vogais
    Antonio M. Gómez Tato
    Eduardo Garcia Rio
    Jose Angel Docobo Durantez
    Leovigildo Alonso Tarrio

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.