Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.laserfotonica@usc.es

A ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbito do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. Dito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións de un alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos e sanitarios, que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o ocio,... até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600812
    Número prazas: 6

    Coordinador-a do título:
    Jesus Liñares Beiras
    suso.linares.beiras@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    26/01/2022

    Códigos ISCED:
    (440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
    (420) Ciencias de la vida
    (0533) Física

    O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

    A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

    O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

    Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

    Esta ciencia abrangue dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico. A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ó longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánca, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentacións bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de gran consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as tecnoloxías fotónicas, son consideradas como tecnoloxías estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea.

  • Seminarios formativos en temas específicos de láser, fotónica e visión

    • E1081A01

    Xornadas sobre valorización e trasferencia de tecnoloxía

    • E1081A02

    Participación en workshops dos estudantes do programa

    • E1081A03

    Estancias curtas de investigación

    • E1081A04

    Actividade formativa de investigación

    • E1081A05
  • O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

    A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

    O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

    Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

    O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión.

    A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial.

    O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos.

    Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa ao progreso e á innovación.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Jesus Liñares Beiras

    Secretario/a
    Carlos Montero Orille

    Vogais
    Eva Maria Acosta Plaza
    Mª Carmen Bao Varela
    Maria Teresa Flores Arias
    Maria Elena Lopez Lago

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2024.