Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Coñecer os principios básicos de funcionamento do láser
- Describir os modelos clásico e semiclásico de interacción radiación e materia.
- Identificar a dinámica intrínseca do láser.
- Coñecer as técnicas básicas de xeración de pulsos e de amplificación.
- Describir as técnicas de caracterización da radiación láser.
- Coñecer as aplicación dos láseres en diferentes campos.
- Identificar os riscos da radiación láser e as normas de seguridade
RESULTADOS DO APRENDIZAXE
- Familiarizar o estudante coa tecnoloxía láser e proporcionar as estruturas para a comprensión dos fenómenos físicos nun láser.
- Conseguir que o estudante domine de forma operativa os modelos nos que se basea o funcionamento dun láser, tanto continuo como pulsado.
- Determinar sistemas de medida dos parámetros que caracterizan un feixe ou pulso láser
- Describir de forma satisfactoria diferentes tipos de láser e discutir as súas aplicacións máis relevantes.
1. Principios básicos e modelado.
Interacción radiación materia. Ecuacións do láser. Limiar de oscilación e réxime estacionario. Ganancia do láser.
2. Teoría semiclásica da interacción radiación materia.
Ecuacións de Maxwell. Sistema de dous niveis. Ecuacións de Maxwell-Bloch. Réxime estacionario. Relación co modelo clásico.
3. Dinámica do láser.
Láseres continuos. Modulación do bombeo. Modulación activa e pasiva do factor de calidade.
3. Láseres de pulsos ultracurtos
Sinais ópticas nunha cavidade, descrición temporal e moda.lSincronización de modos. Manipulación de pulsos.
4 Técnicas de Ccaracterización.
Caracterización espacial. Factor de calidade. Caracterización espectral e temporal.
5. Aplicacións.
Os láseres e os premios Nobel
1. Joseph T. Verdeyen. Laser Electronics. Prentice-Hall International Inc. 1995
2. Anthony E. Siegman. Lasers. University Science Books 1986
3. William T. Silfvast. Laser Fundamentals. Cambridge University Press 1996
4. Peter W. Milonni, Joseph. H. Eberly. Lasers. John Wiley & Sons 1988
5. Andrew M. Weiner. Ultrafast Optics. John Wiley & Sons 2009
Inclúense enlaces na Aula Virtual a materiais existentes na web, así como outro material docente para compensar a perda de acceso a algún dos fondos bibliográficos da USC.
XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complejidad de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSALES
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para tómaa de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE10 - Comprender e asimilar tanto aspectos fundamentais como máis aplicados da Física da luz e a radiación.
CE11 - Adquirir coñecementos e dominio das estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Titulo de Grado en Física da USC. As clases serán presenciais e a distribución de horas expositivas e interactivas sigue o especificado na Memoria de Grao.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Na primeira oportunidade, seguirase, preferentemente, un sistema de avaliación continua baseado na resolución de exercicios e realización de actividades propostas. Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
Na segunda oportunidade, o estudante deberá realizar o exame final na data fixada polo centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase o indicado na Memoria do Titulo de Máster en Física da USC, sen contar o tempo destinado á docencia presencial ou telemática (31h) , sobre unhas 44 horas para unha materia de 3 ECTS.
Repaso dos coñecementos xa adquiridos en Óptica I e II do grao en Física. É interesante ter cursado a materia Tenoloxía do láser no mesmo grao ou outra similar.
Idioma do curso: galego
Raul De La Fuente Carballo
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- raul.delafuente [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Yago Arosa Lobato
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- yago.arosa.lobato [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta