Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.materiais@usc.es

O Programa de Doutoramento en Ciencias Materiais xorde co obxectivo de proporcionar ao sector industrial e de I+D+I de profesionais altamente cualificados nesta área emerxente e interdisciplinar capaces de resolver os problemas que se formulen nos novos e cada vez economicamente máis importantes eidos dos materiais electrónicos, materiais funcionais, biomateriais e nanomateriais.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600484
    Número prazas: 20

    Coordinador-a do título:
    Pablo Taboada Antelo
    pablo.taboada@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    07/09/2018

    Data da última acreditación:
    07/09/2022

    Códigos ISCED:
    (440) Ciencias Físicas, quimicas, geológicas
    (540) Industria manufacturera y producción
    (0533) Física

    O Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais xorde co obxectivo de proporcionar ao sector industrial e de I+D+I de profesionais altamente cualificados nesta área emerxente e interdisciplinar capaces de resolver os problemas que se formulen non só no clásico eido dos materiais estructurais (nicho tradicional) senon tamén nos novos e cada vez economicamente máis importantes eidos dos materiais electrónicos, materiais funcionais, biomateriais e nanomateriais. A esta demanda non se pode responder coas ensinanzas tradicionais; para esta transformación fai falla a sólida bagaxe científica interdisciplinar e a alta especialización que se pretende dar ao Doutor en Ciencia de Materiais. Así, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en Ciencia de Materiais que poidan exercer o seu labor investigador no edido do deseño, caracterización e aplicación de novos materiais, ou ben, na busca de novas aplicacións de materiais xa existentes, e permitan o trasvase e posta en servizo dos coñecementos xerados á sociedade

    O Programa pretende cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en Ciencia de Materiais que poidan exercer o seu labor investigador no eido do deseño, caracterización e aplicación de novos materiais, ou ben, na busca de novas aplicacións de materiais xa existentes, e permitan o trasvase e posta en servizo dos coñecementos xerados á sociedade.

  • Cursos e seminarios de formación específicos para a área de ciencias e enxeñaría

    • E1041A09

    Presentación da investigación desenvolta

    • E1041A10

    Contribucións científicas

    • E1041A11

    Realización de estancias de investigación

    • E1041A12

    Patentes, deseños e/ou desenvolvementos de software

    • E1041A13

    Colaboración en actividades docentes

    • E1041A14

    Workshops/Reunións de intercambio científico entre doutorandos do programa (PhD Meet)

    • E1041A15

    Presentación de comunicacións en congresos científicos

    • E1041A17

    Cursos e seminarios de formación transversais

    • E1041A16
  • O Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais xorde co obxectivo de proporcionar ao sector industrial e de I+D+I de profesionais altamente cualificados nesta área emerxente e interdisciplinar capaces de resolver os problemas que se formulen non só no clásico eido dos materiais estructurais (nicho tradicional) senon tamén nos novos e cada vez economicamente máis importantes eidos dos materiais electrónicos, materiais funcionais, biomateriais e nanomateriais.

    A esta demanda non se pode responder coas ensinanzas tradicionais; para esta transformación fai falla a sólida bagaxe científica interdisciplinar e a alta especialización que se pretende dar ao Doutor en Ciencia de Materiais. Así, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en Ciencia de Materiais que poidan exercer o seu labor investigador no edido do deseño, caracterización e aplicación de novos materiais, ou ben, na busca de novas aplicacións de materiais xa existentes, e permitan o trasvase e posta en servizo dos coñecementos xerados á sociedade

    O Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais xorde co obxectivo de proporcionar ao sector industrial e de I+D+I de profesionais altamente cualificados nesta área emerxente e interdisciplinar capaces de resolver os problemas que se formulen non só no clásico eido dos materiais estructurais (nicho tradicional) senon tamén nos novos e cada vez economicamente máis importantes eidos dos materiais electrónicos, materiais funcionais, biomateriais e nanomateriais. A esta demanda non se pode responder coas ensinanzas tradicionais; para esta transformación fai falla a sólida bagaxe científica interdisciplinar e a alta especialización que se pretende dar ao Doutor en Ciencia de Materiais. Así, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en Ciencia de Materiais que poidan exercer o seu labor investigador no edido do deseño, caracterización e aplicación de novos materiais, ou ben, na busca de novas aplicacións de materiais xa existentes, e permitan o trasvase e posta en servizo dos coñecementos xerados á sociedade

  • Este programa de doutoramento ofrece formación que permite a titulados cun Máster en Física, Ciencia de Materiais, Química, Nanotecnoloxía/Nanociencia, ou titulacións equivalentes, adquirir a capacidade para traballar no ámbito da investigación científica e aplicada, relacionada co desenvolvemento de novos materiais e técnicas de sínteses e caracterización destes e que posúan novas propiedades que os fagan susceptibles de ser empregados en novas aplicacións, ou que melloren as calidades e características dos actualmente empregados en aplicacións e procesos xa existentes, todo iso conxugado cun respecto co medio ambiente e promovendo así mesmo un consumo sostible dos recursos materiais e enerxéticos.

    O/A egresado/a será un(unha) investigador(a) con habilidades para liderar equipos de investigación de alto nivel, capaz de propoñer, realizar e levar a cabo investigacións e innovacións que conduzan á xeración de novos coñecementos no campo da Ciencia de Materiais e a Nanotecnoloxía e os seus múltiples potenciais aplicacións, e nas súas ciencias transversais. Tamén conectará o traballo, a investigación e os resultados académicos cos intereses europeos, nacionais e rexionais, avanzando en proxectos de investigación que, desde unha base científica e tecnolóxica, satisfagan as necesidades e prioridades das empresas e institucións, isto é, do tecido socioeconómico. O/A egresado/a pode xerar desenvolvemento e innovación desde unha perspectiva que mellore a calidade de vida da sociedade.

    Os/as doutores/as deste programa de doutoramento traballan en centros de investigación públicos e privados (centros de I+D+i), en universidades e, nunha porcentaxe moi elevada (máis do 50 %), en empresas privadas abarcando desde o sector químico, enerxético, farmacéutico, o biotecnolóxico, o alimentario ou o ambiental., entre outros Os postos para desempeñar son, potencialmente:
    • Xestores/as de proxectos
    • Técnicos/as de I+D+i
    • Consultores/as de I+D+i
    • Investigadores/as Senior
    • Profesor/a universitario/a
    • Directivos/as y técnicos/as na industria, enxeñarías, administración e servicios

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    ENXEÑARÍA DE NANO-MOFs PLASMÓNICOS NÚCLEO-CUBERTA: METODOLOXÍAS SINTÉTICAS E APLICACIÓNS Mención doutoramento internacional 08/11/2024 Juan Manuel Ceballos Guzman Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
    A influencia da composición lipídica en propiedades mecánico-estruturais das membranas celulares: estudos a través de Dinámica Molecular. Mención doutoramento internacional, Mención doutoramento industrial 20/12/2024 Alexandre Blanco González Rebeca Garcia Fandiño
    Angel Piñeiro Guillen
  • Coordinador/a
    Pablo Taboada Antelo

    Secretario/a
    Juan Manuel Ruso Veiras

    Vogais
    Alfredo Jose Amigo Pombo
    Francisco Javier Castro Paredes
    Francisco Guitian Rivera
    Massimo Lazzari
    Jesus Manuel Mosqueira Rey
    Alberto Pérez Muñuzuri
    Gerardo Prieto Estévez
    Luis Miguel Varela Cabo
    Silvia Barbosa Fernandez
    Daniel Baldomir Fernandez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2024.