Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.dpas@usc.es

Este programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona , Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA).

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5601046
    Número prazas: 12

    Coordinador-a do título:
    Arturo Jose Pereiro Rozas
    arturoxose.pereiro@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Portugués, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    06/11/2014

    Data de publicación no BOE:
    19/01/2015

    Data da última acreditación:
    13/03/2023

    Códigos ISCED:
    (310) Ciencias sociales y del comportamiento
    (311) Psicología
    (0313) Psicología

    A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UDC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia.
    O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde pretende : (a) unha formación multidisciplinar dos/as investigadores/ as nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Psicoloxía, (b) un aumento da oferta de liñas de investigación ós estudiantes da universidades conviadas, e (c) unha reducción-centralización do aparello administrativo das universidades baixo o paraugas das denominadas Escolas de Doutoramento.

    O programa acolle a máis de 30 investigadores/as e articúlase ao redor de dúas liñas de investigación:

    • Liña A “Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación”
    • Liña B “Psicoloxía da saúde”.

    O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

    A Liña A aglutina cinco equipos de investigación que centran a súa actividade investigadora en:

    • A adquisición da linguaxe e a avaliación e intervención nos seus trastornos
    • A mellora dos procesos de aprendizaxe, a avaliación das súas dificultades e a intervención psicolóxica en necesidades educativas específicas que delas se derivan
    • Os factores que condicionan o desenvolvemento psicosocial e o rendemento académico na adultez emerxente ou mocidade e a prevención de desaxustes neste período
    • A avaliación e intervención na deterioración cognitiva e funcional no envellecemento e as demencias, particularmente, o Alzheimer.

    A liña B está constituída por investigadores/as das áreas de coñecemento de Metodoloxía das ciencias do comportamento; Personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos; Psicobioloxía; Psicoloxía básica; e Psicoloxía social. Estes/as investigadores/as desenvolven a súa actividade, entre outros, nos ámbitos dos movementos sociais, os efectos neuropsicolóxicos das toxinas, a análise dos movementos sociais e os comportamentos de risco, a Psicoloxía ambiental e a terapia familiar.

  • Manexo de bases de datos e recursos documentais electrónicos (USC)

    • E3111A01

    Cursos de formación de usuarios (UDC)

    • E3111A02

    Presentación pública do traballo de revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación

    • E3111A03

    Elaboración e presentación de comunicación científica oral e/ou poster en reunión científica de ámbito nacional ou internacional con temática relacionada co tópico de investigación

    • E3111A04

    Elaboración e presentación de comunicación científica oral en reunión científica de ámbito internacional con temática relacionada co tópico de investigación

    • E3111A05

    Presentación pública dos avances no traballo de investigación

    • E3111A06

    Estancias en centros de investigación nacionais ou estranxeiros con investigadores de prestixio no ámbito de investigación elixido

    • E3111A07

    Elaboración e aceptación de artigo científico en publicacións con impacto JCR

    • E3111A08

    Elaboración e aceptación de artículo científico

    • E3111A09
  • Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento.
    Estarán libres de cursar créditos formativos complementarios aqueles estudantes que accedan a través da licenciatura en psicoloxía ou psicopedagoxía. Así mesmo, estarán libres de cursar estes créditos complementarios os estudantes cos seguintes títulos de máster: 'MU en Psicogerontoloxía', especialidade de orientación do 'MU en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, artísticas e deportivas', 'MU en Estudios Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías', 'MU en Psicoloxía Aplicada',  'MU en Psicopedagoxía', 'MU en Psicoloxía', e 'MU en Psicoloxía Xeneral Sanitaria'. A CA valorará a necesidade de cursar créditos complementarios para outros títulos de master nos que non se acrediten convenientemente competencias propias dos ámbitos de "ciencias do comportamento e psicoloxía" e "ciencias da educación".
    Estes complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e, deberanse superar no período inicial de desenvolvemento da teses, nun prazo máximo dun curso académico e para efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. 
    Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, en tres ámbitos básicos de formación: deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos, dos seguintes graos e/ou másteres ofertados nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.
    -    G2011107 – Deseños de investigación en Psicoloxía (Grao en Psicoloxía): 6 ECTS
    -    G3091103 / G3081102- Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación (Grao en Educación Social / Grao en Pedagoxía): 6 ECTS
    -    G3091325 - Métodos e técnicas na investigación socioeducativa (Grao en Educación Social): 6 ECTS
    -    P2021218 - Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía (Máster Universitario en Xerontoloxía): 5 ECTS
    -    P2151201 - Deseños de investigación aplicados á psicoloxía da saúde (Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria): 3 ECTS
    -    P2171201 - Competencias en investigación psicoxerontolóxica (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS
    -    P2171202 – Bioética e deontoloxía (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS
    -    P2171204 Metodoloxía cuantitativas e cualitativas na investigación psicoxerontolóxica (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS
    -    G2011102- Análise de datos en Psicoloxía (Grao en Psicoloxía): 6 ECTS
    -    G2011229 - Análise multivariantes (Grao Psicoloxía): 4.5 ECTS
    -    P3411103- Medida e análise de datos en psicoloxía (Máster Universitario en Psicoloxía): 4.5 ECTS
    -    P2151202 - Modelos multivariados de análise de datos aplicados á psicoloxía da saúde (Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria): 3ECTS
     

  • O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).

    A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UDC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia.
    O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde pretende : (a) unha formación multidisciplinar dos/as investigadores/ as nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Psicoloxía, (b) un aumento da oferta de liñas de investigación ós estudiantes da universidades conviadas, e (c) unha reducción-centralización do aparello administrativo das universidades baixo o paraugas das denominadas Escolas de Doutoramento.

  • O estudante doutorado no PDDPAS posúe competencias para a realización de actividades de investigación de acordo cos orzamentos de fiabilidade e validez recollidos nos estándares actuais establecidos nas ciencias do Comportamento e Psicoloxía. Adquire compromiso coa xeración ética e aberta de novos coñecementos que se atopan á vangarda da liña de investigación pola que opta. O perfil de egresado/a será o dun investigador/a, de alto nivel, especializado en investigación básica en problemas psicolóxicos, psicosociais e socioculturais con competencias profesionais para:
    1. Xerar e liderar proxectos de investigación orixinais que cumpran con estándares internacionais éticos e de calidade científica.
    2. Comunicar de maneira efectiva os resultados das súas investigacións en medios científicos e non especializados, tanto nacionais como internacionais.
    O PDDPAS está comprometido co impulso da modalidade de doutoramento industrial e, actualmente, temos matriculada á primeira estudante que realiza a súa teses nesta modalidade a través do convenio asinado coa empresa ENVITA DIXITAL para a validación de tecnoloxía asistencial dirixida a adultos maiores.
    O PDDPAS habilita competencialmente aos seus doutorandos/as para a realización de investigación básica e aplicada en institucións de I+D+i públicas e privadas orientadas ao deseño e validación de produtos de avaliación e intervención psicolóxica relacionadas coas liñas de investigación nas que se organiza o PD.

  • Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos basados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria se encarga da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnologías para el Aprendizaje (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de gestión de infraestructuras

    Servicio de medios audiovisuales

    Servicio de prevención de riesgos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no número 7 da Memoria do título.

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Arturo Jose Pereiro Rozas

    Vogais
    Carolina Tinajero Vacas
    Rosa María Rivas Torres
    María Adelina Guisande Couñago

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2025.