Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Capacidade para administrar, corrixir e interpretar instrumentos de avaliación neuropsicolóxica no ámbito do envellecemento e as demencias.
-Capacidade para elaborar informes neuropsicolóxicos e coñecer a terminoloxía que permita a comunicación con outros profesionais.
-Coñecer e manexar as principais técnicas de intervención neuropsicolóxica aplicables aos trastornos cognitivos asociados ao envellecemento.
-Saber recoller, ordenar e clasificar datos neuropsicolóxicos (historia clínica, cuestionarios, resultados de avaliación, etc.)
1. Características da avaliación neuropsicolóxica no envellecemento e demencias
1.1. Concepto, obxectivos e procedemento da avaliación neuropsicolóxica.
1.2. Selección e administración de tarefas
2. Instrumentos de avaliación neuropsicolóxica nas demencias e outros trastornos
2.1. Medidas de cribado, baterías neuropsicolóxicas e test específicos de función.
3. Interpretación de resultados e elaboración do informe neuropsicolóxico
4. Principios da rehabilitación neuropsicolóxica nas demencias
4.1. Concepto, obxectivos e fundamentos da rehabilitación neuropsicolóxica.
4.2. Enfoques na rehabilitación neuropsicolóxica.
5. Intervención neuropsicolóxica en demencias e outros trastornos: obxectivos, estratexias e técnicas.
Bibliografía básica:
Attix, D.K. & Welsh-Bohmer, K.A. (2006). Geriatric neuropsychology: assessment and intervention. New York: Guildord Press.
Bruna Rabassa, O., Signo Miguel, S. & Molins Sauri, M. (2018). Intervención neuropsicológica en los trastornos neurodegenerativos. Madrid: Síntesis.
Deus Yela, J., Deví Bastida, J & Saínz Pelayo, M.P (2018). Neuropsicología de la enfermedad de Alzheimer. Madrid:Síntesis
Green, J. (2000). Neuropsychological Evaluation of the older adult: clinician´s guidebook. San Diego: Academic Press.
Jurado Luque, M.A., Mataró Serrat, M., Pueyo Benito, R. (2013). Neuropsicología de las enfermedades neurodegenerativas. Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria:
Bruna Rabbasa, O., Roig Fusté, J. M., Puyuelo Sanclemente, M., Junqué Plaja, C., Ruano Hernández, A. (2011). Rehabilitación Neuropsicológica: Intervención y práctica clínica. Barcelona: Elsevier. (Parte 4, caps. 16 a 23)
Drake, M. A. (2006). Rehabilitación Neuropsicológica en la enfermedad de Alzheimer. En J. C. Arango Laprilla: Rehabilitación Neuropsicológica. México: Manual Moderno.
Gil, R. (2019) Neuropsicología (7ª ed.). Barcelona: Elsevier.
Lezak, M.D., Howieson, D.B y Loring, D.W. (2012). Neuropsychological Assessment. (5ª Ed). New York: Oxford University Press.
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. y D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Morris, R. G. y Becker, J. T. (2005) Cognitive Neuropsychology of Alzheimer's Disease (2ª Ed). Oxford: Oxford University Press.
Muñoz, JM y Tirapu, J (2001). Rehabilitación neuropsicológica. Madrid: Síntesis.
Peña-Casanova,J., Gramunt Fombuena, N., y Gich Fullá, J. (2004). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Peña-Casanova, J., Blesa, R., Aguilar, M., Gramunt-Fombuena, N., Gómez-Ansón, B., Oliva, R., ... & Sol, J. M. (2009). Spanish multicenter normative studies (NEURONORMA project): Methods and sample characteristics. Archives of Clinical Neuropsychology, 24(4), 307-319.
Pérez García, M. (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Ravdin, L. D. & Datzen, H. L. (2012). Handbook on the neuropsychology of aging and dementia. New York: Springer
Smith, G. E., & Bondi, M. W. (2013). Mild Cognitive Impairment and Dementia: Definitions, Diagnosis, and Treatment. Oxford University Press.
Strauss, E, Sherman, E.M.J. y Spreen, O. (2006). A compendium of neuropsychological tests. Administration, norms and comentary (3ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Triviño, M., Arnedo, M., Bembibre, J. (coord.) (2021). Neuropsicología a través de casos clínicos. Evaluación y rehabilitación (2ª ed.). Madrid: Médica-Panamericana.
Wilson, B., Winegardner, J., van Heugten, C. & Ownsworth, T. (2017) Neuropsychological Rehabilitation: The International Handbook. London: Taylor and Francis
Revistas especializadas
-Aging, Neuropsychology and Cognition:
http://www.tandfonline.com/toc/nanc20/current#.U2d05Ffd6MM
-Neuropsychological Rehabilitation: http://taylorandfrancis.metapress.com
- Neurorehabilitation: http://www.iospress.nl
-Archives of Clinical Neuropsychology: http://acn.oxfordjournals.org/content/by/year
-Clinical Neuropsychologist , The: http://www.tandf.co.uk/journals/titles/13854046.asp
-Journal of Clinical & Experimental Neuropsychology:
http://www.tandf.co.uk/journals/titles/13803395.asp
-Journal of the International Neuropsychological Society:
http://journals.cambridge.org/action/displayJournal?jid=INS
- Revista de Neurología: http://www.revneurol.com
Outros recursos con información de interese:
- División de Neuropsicología clínica de la APA: http://www.div40.org/
- Guidelines for the Evaluation of Dementia and Age-Related Cognitive Decline
http://www.apa.org/practice/dementia.html
-Neuronorma: http://www.neuro-cog.com/neuro-cog/ciencia-y-bibliografia-neurocog/181-…
Competencias básicas e xerais
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de unha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CG2 - Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación, diagnóstico, intervención e tratamento no campo da Psicogerontoloxía, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan.
CG3 - Planificar, desenvolver e supervisar o proceso de avaliación psicogerontológica nos diferentes contextos e ámbitos deactuación.
CG7 - Saber identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía e demais profesións afíns, mostrando un compromiso ético e profesional en relación coas responsabilidades cívicas, sociais e globais.
Competencias transversais
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
CT5 - Desenvolver a capacidade para traballar en grupo e solucionar problemas de forma cooperativa
Competencias específicas
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha avaliación utilizando os instrumentos e técnicas máis convenientes.
CE3 - Ser capaz de interpretar os resultados dunha avaliación e de facer un diagnóstico sobre as persoas e/ou situación avaliadas.
CE4 - Saber elaborar informes e comunicar os resultados das avaliacións con diferentes propósitos e para diferentes destinatarios.
CE5 - Saber planificar e desenvolver programas de intervención seleccionando os obxectivos, os procedementos e os instrumentos máis apropiados en función das características do problema e do contexto.
CE6 - Saber deseñar e desenvolver programas específicos relacionados coas trastornos psicolóxicos e os problemas sociais máis frecuentes en persoas maiores.
CE7 - Saber asesorar e intervir no ámbito familiar das persoas maiores tanto sas coma enfermas.
CE9 - Coñecer os recursos e a organización do sistema de atención sociosanitaria ás persoas maiores.
As clases, de 120 minutos de duración, levaranse a cabo no laboratorio de Neuropsicoloxía (planta -2 do módulo A) e consistirán en sesións presenciais para a exposición dos temas recollidos no programa de contidos e sesións interactivas, que se impartirán paralelamente ao desenvolvemento das expositivas. Para o seu mellor seguimento, previamente o/a estudante disporá das presentacións utilizadas como material de apoio na aula. Nas sesións interactivas traballarase mediante a utilización e manexo de probas e ferramentas do ámbito da Neuropsicoloxía, e o estudo de casos. Nelas o/a alumno/a irá elaborando un informe sobre os contidos nos que se traballe, recolléndoos nun portafolio que deberá entregar á profesora.
Ademais, coa finalidade de valorar a evolución, grao de adquisición de coñecementos e habilidades adquiridas por parte dos/as estudantes nas clases, deberán realizar un Traballo Tutelado integrando os contidos teóricos e prácticos.
As actividades formativas das clases compleméntanse coa asistencia a titorías.
*O Campus Virtual da USC será a ferramenta que se utilice para por a disposición do alumnado calquera dos materiais relacionados coa metodoloxía docente da materia, que terán por defecto formato dixital.
*Crearase un foro específico no Campus Virtual dirixido a atender dúbidas relacionadas coa docencia.
A avaliación dos coñecementos adquiridos polo/a alumno/a, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase a través dun exame. Tamén se valorará a realización e entrega programada de actividades, con retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual. En concreto, se valorará un traballo tutelado sobre a base de: a adecuación da proposta en relación cos obxectivos; a capacidade para argumentar e responder ás cuestións formuladas; a organización da información; a expresión e coherencia do documento; o manexo e precisión da linguaxe científica; a calidade formal da presentación escrita seguindo as normas da APA.
Ademais, se valorará a asistencia e participación activa nas clases, mediante a realización das tarefas propostas e recollidas no portafolio, e as titorías.
Criterios de avaliación:
1) Exame do programa de contidos da materia completo. Ponderación: 50%.
2) Informe do traballo tutelado individual. Ponderación: 30%
3) Asistencia e participación activa nas clases e titorías (portafolio). Ponderación: 20%
*Para que calquera dos elementos nos que descansa a avaliación sumen na cualificación final debe alcanzarse un nivel mínimo en cada un deles, que represente un 35% da puntuación máxima.
O tempo total de estudio e traballo do estudante para superar a materia é de 75 horas, que se distribúen do seguinte xeito:
- Clases presenciais expositivas: 9 horas
- Clases presenciais interactivas: 12 horas
-Titorías presenciais: 3 horas
-Traballo non presencial autónomo do estudante: 51 horas
-Asistir ás clases expositivas e interactivas
-Participar e implicarse activamente nas clases realizando as tarefas propostas.
-Completar as notas de clase coas lecturas recomendadas
-Preguntar para resolver dúbidas
-Facer e entregar o traballo/portafolio nos prazos fixados.
-Utilizar as titorías. O horario de titorías é o seguinte: martes de 9 a 12 h. e xoves de 11 a 14 h. (despacho nº 78 módulo A)
No desenvolvemento da materia considerarase que o/a alumno/a ten formación a nivel de grao sobre as bases biolóxicas do comportamento humano, Neurociencia conductual e cognitiva e Neuropsicoloxía. Ademais, que a nivel de postgrao, estará familiarizado coas bases psicobiológicas do envellecemento normal e patolóxico, e os cambios cognitivos no envellecemento normal e patolóxico.
Dolores Rodríguez Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813917
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |