Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.epidemioloxia@usc.es

Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro.

Información do curso académico 25-26:

a información predeterminada das titulacións cambiou para o curso académico 2025-2026

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600496
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Maria Leonor Varela Lema
    leonor.varela@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    Códigos ISCED:
    (720) Salud
    (0919) Salud (otros estudios)

    Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro. De feito, e considerando o moi probable perfil profesional da maioría dos alumnos que cursarán o doutoramento, profesionais da Saúde Pública e residentes, preveuse incluír na oferta de prazas unha maior porcentaxe das mesmas destinadas aos alumnos que desexen cursar o programa a tempo parcial.

  • Impartición de seminarios

    • E2041A01

    Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación

    • E2041A02

    Seminario de recollida de datos

    • E2041A04

    Revisión bibliográfica

    • E2041A05

    Taller na procura bibliográfica

    • E2041A07

    Club de lectura

    • E2041A09

    Xornadas sobre avances no proxecto da tese

    • E2041A10

    Exposición de comunicacións a congresos

    • E2041A11
  • Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria.

    Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro. De feito, e considerando o moi probable perfil profesional da maioría dos alumnos que cursarán o doutoramento, profesionais da Saúde Pública e residentes, preveuse incluír na oferta de prazas unha maior porcentaxe das mesmas destinadas aos alumnos que desexen cursar o programa a tempo parcial.

  • Este programa de doutoramento permitirá formar investigadores no ámbito da saúde que poderán desenvolver a súa posterior actividade profesional nas seguintes áreas e que, sen dúbida, contribuirán á mellora da calidade de vida da poboación:
    - Administración e xestión sanitaria.
    - Apoio á investigación en unidades de investigación hospitalarias.
    - Apoio metodolóxico a grupos de investigación das fundacións sanitarias.
    - Incorporación a laboratorios farmacéuticos e CRO (Contract research organization) como monitores de ensaios clínicos.
    - Incorporación á vida académica (Persoal docente e investigador das universidades).

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Maria Leonor Varela Lema

    Secretario/a
    Angel Salgado Barreira

    Vogais
    Francisco Caamaño Isorna
    Alberto Ruano Raviña
    El Bahi Takkouche Souilamas
    Lucía Moure Rodríguez
    Monica Perez Rios
    Agustin Montes Martinez
    Adolfo Figueiras Guzman
    Cristina Fernandez Perez
    Maruxa Zapata Cachafeiro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.