O Doutoramento en Estudios medievais é unha oferta única no SUG e costitúe unha alternativa novidosa no eido das Humanidades. O seu principal obxectivo é o de proporcionar ao alumnado unha formación interdisciplinar e transversal, para que adquira o nivel máis alto de capacitación profesional e investigadora.
Os estudios medievais contan en Santiago con grupos consolidados e recoñecidos a nivel nacional e internacional, así como con liñas de investigación estables e punteiras que permitirán que os estudantes máis capacitados consigan as melloras bolsas a nivel nacional e autonómico para realizar as súas teses de doutoramento.
Ademais destes referentes de garantía, o Doutoramento posúe convenios de colaboración con selectos centros estatais e europeos, co fin de que aqueles alumnos que o desexen realicen nos mesmos estadías de investigación que enriquezan a súa traxectoria científica.
O Programa pretende recuperar a Idade Media coa adecuada combinación de especialización e divulgación, para que os doutores formados no mesmo afronten experiencias investigadoras e profesionais sólidas, que contribúan á conservación, valorización e difusión da herdanza cultural dun período histórico esencial na formación da civilización europea.
O seu principal obxectivo é proporcionar ao estudantado unha formación interdisciplinar e transversal, para que adquira o nivel máis alto de capacitación tanto a nivel profesional como investigador. Os estudos medievais contan en Santiago con grupos de investigación consolidados e recoñecidos a nivel nacional e internacional, así como con liñas de traballo estables e punteiras que permitirán que os estudantes máis capacitados obteñan as mellores bolsas a nivel nacional e autonómico para desenvolver as súas teses doutorais.
Ademais destes referentes de garantía, o doutoramento posúe convenios de colaboración con selectos centros estatais e europeos, co fin de que aqueles estudantes que o desexen realicen nas mesmas estadías que enriquezan a súa traxectoria científica.
O Programa ten como obxectivo fundamental recuperar as distintas vertentes que abrangue o patrimonio medieval coa adecuada combinación de especialización e divulgación, para que os doutores formados no mesmo afronten experiencias profesionais e/ou investigadoras sólidas, que contribúan á conservación, valorización e difusión do legado cultural dun período histórico esencial na formación da civilización europea.
O doutoramento que se presenta é unha oferta única no SUG e configúrase como unha alternativa nova no ámbito das Humanidades. O seu principal obxectivo é proporcionar ao estudantado unha formación interdisciplinar e transversal, para que adquira o nivel máis alto de capacitación tanto a nivel profesional como investigador.
Os estudos medievais contan en Santiago con grupos de investigación consolidados e recoñecidos a nivel nacional e internacional, así como con liñas de traballo estables e punteiras que permitirán que os estudantes máis capacitados obteñan as mellores bolsas a nivel nacional e autonómico para desenvolver as súas teses doutorais. Ademais destes referentes de garantía, o doutoramento posúe convenios de colaboración con selectos centros estatais e europeos, co fin de que aqueles estudantes que o desexen realicen nas mesmas estadías que enriquezan a súa traxectoria científica.
O Programa ten como obxectivo fundamental recuperar as distintas vertentes que abrangue o patrimonio medieval coa adecuada combinación de especialización e divulgación, para que os doutores formados no mesmo afronten experiencias profesionais e/ou investigadoras sólidas, que contribúan á conservación, valorización e difusión do legado cultural dun período histórico esencial na formación da civilización europea.
- Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
‐ Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
‐ Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
‐ Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
‐ Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
‐ Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
‐ Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
- Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
- Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
- Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
- Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar
- Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
- A crítica e defensa intelectual de solucións.
Outras competencias
- Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito dos estudos medievais desde unha perspectiva pluridisciplinar
- Capacidade para comunicar e debater sobre a investigación realizada nos encontros científicos nacionais e internacionais da especialidade
- Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos foros científicos nacionais e internacionais do ámbito de coñecemento do Programa.
- Capacidade para desenvolver a investigación no ámbito dos estudos medievais desde unha perspectiva pluridisciplinar
- Capacidade para comunicar e debater sobre a investigación realizada nos encontros científicos nacionais e internacionais da especialidade.
- Capacidade para transferir coñecemento e difundir os resultados de investigación alcanzados nos foros científicos nacionais e internacionais do ámbito de coñecemento do programa.