Estudo da película lacrimal co uso de dispositivos electrónicos
Autoría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
Obxectivo Este estudo tiña como obxectivo principal analizar o impacto do uso de dispositivos electrónicos sobre a saúde ocular, avaliando a repetibilidade de parámetros lacrimais como son a altura do menisco lacrimal, o tempo de rotura lacrimal non invasivo e tinción corneal, e investigando como actividades dixitais habituais, como a visualización de vídeos e a lectura en pantalla, afectan á película lacrimal. Métodos Realizouse un estudo experimental cun deseño inter-sesión e intra-sesión. Participaron 24 persoas de entre 18 e 25 anos, que completaron dúas sesións separadas por unha semana. En cada sesión, os participantes foron sometidos a medicións da película lacrimal antes e despois de realizar unha actividade visual (visualización de vídeo ou lectura en pantalla), durante 20 minutos. As probas incluíron a medición da altura do menisco lacrimal (TMH), o tempo de rotura lacrimal non invasivo (NIKBUT) e a presenza de tincións corneais, empregando o equipo Keratograph 5M. Os datos foron analizados mediante probas estatísticas para avaliar a repetibilidade e o efecto das tarefas visuais sobre os parámetros estudados. Resultados Os resultados mostraron unha limitada repetibilidade nos parámetros TMH e NIKBUT, cunha dispersión considerable nas diferenzas entre sesións. As actividades visuais propostas non tiveron un efecto significativo na maioría dos parámetros da película lacrimal, agás unhaexcepción puntual no TMH tras a lectura, onde se observou un incremento do seu volume, posiblemente debido a un efecto reflexo. As tincións corneais permaneceron invariantes ao longo do experimento, polo que non foron obxecto de análise comparativa. Conclusión O estudo evidencia que, a curto prazo, o uso de dispositivos electrónicos non provoca alteracións estatisticamente significativas nos principais parámetros da película lacrimal, aínda que a literatura internacional segue a sinalar o uso prolongado de pantallas como un factor de risco relevante. As limitacións metodolóxicas, como o tamaño reducido da mostra e a falta de control de variables ambientais, resaltan a necesidade de deseños experimentais máis robustos e de continuar investigando para delimitar mellor os limiares de risco e identificar estratexias eficaces de protección ocular.

Dirección
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
Tribunal
FANDIÑO FERNANDEZ, JOSÉ MARIA (Presidente/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)