Ir o contido principal

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Óptica e Optometría reúne un conxunto de accións que ten por finalidade guiar, orientar e acompañar ao alumnado durante os seus estudos universitarios.

A acción titorial está dirixida a facilitar a súa integración na institución e serve de ponte entre o alumnado e os diferentes servizos. Ademais, contribúe a personalizar a educación universitaria e dá soporte ao alumnado no seu proceso de formación nas titulacións que se imparten no Centro: Grao en Óptica e Optometría, Dobre Grao en Óptica e Optometría, e Máster en Optometría.

Obxectivo xeral

  • Establecer un sistema de información, orientación e seguimento académico para o estudantado dos títulos que se imparten na Facultade de Óptica e  Optometría.      

Obxectivos específicos

  • Facilitar ao estudante a integración no sistema universitario.       
  • Facilitar información aos estudantes sobre aspectos académicos relacionados co desenvolvemento dos plans de estudo, horarios, sistema de avaliación, outras actividades académicas, saídas profesionais, sistemas de traballo, tempo de estudo, etc.
  • Dotar ao estudante dun instrumento de orientación e apoio que lle facilite a base do seu propio proxecto académico.      
  • Orientar na traxectoria curricular.
  • Informar sobre saídas profesionais.
  • Buscar mecanismos de apoio e mellora para a comunicación entre os estudantes.

Para alumnado de inicio de estudos     

Xornada de acollida

Na xornada de acollida participan o equipo  decanal, a Directora do Servizo de  Optometría, o/a profesor/a coordinador/a de primeiro curso, e os/ as alumnos/ as titores/ as do programa A Ponte.

Proporciónase información sobre aspectos académicos relacionados con el desenvolvemento do plan de estudos que inician, así como dos diferentes servizos que ofrece a USC para facilitarlle a súa integración no sistema universitario.

Visita instalacións da Facultade

Realizada polo equipo   decanal e alumnado titor do Programa A Ponte da USC.

A participación do alumnado titor nestas actividades permite poñelos en contacto cos novos estudantes desde o inicio de curso, e logo a través do correo opticaeoptometria.alumnostitores [at] usc.es (opticaeoptometria[dot]alumnostitores[at]usc[dot]es), para calquera orientación que poidan necesitar.

Curso de introdución ao uso da Biblioteca

Indicacións e recomendacións para o estudo dalgunhas materias. Acción que realizará o/a coordinador/a de a materia, curso e título.
Actuacións durante o desenvolvemento dos estudos

Mobilidade

Charla informativa e orientación do coordinador/a de título e Responsable académica de mobilidade (RAM) sobre programas de mobilidade, que ten lugar a principios de novembro.

Atención ao estudantado entrante para facilitarlles a integración no sistema universitario

Acción que realizará o/a Coordinador/a de título, a RAM e alumnado titor.

Charla informativa e orientación   TFG/  TFM

Charla informativa na que, coa Guía de  TFM ou TFG como referente, daranse indicacións e resolveranse dúbidas. Terá lugar ao final do primeiro semestre.

Charla informativa/orientación Prácticas Tuteladas (Grao) e Prácticas Externas (Máster)

Charla informativa na que, coa Guía de Prácticas Tuteladas ou Guía de Prácticas Externas como referente, daranse indicacións e resolveranse dúbidas. Terá lugar ao final do primeiro semestre.

Programa de Apoio Titorial Extraordinario da USC

Solicítase na súa secretaría virtual, nos prazos establecidos en cada curso académico para tal fin (Primeiro período, para materias do 1.º semestre e anuais, sobre a segunda quincena de setembro; segundo período, para materias de 2.º semestre, sobre a primeira quincena de febreiro).

Actuacións na finalización de estudos

  • Orientación sobre saídas profesionais
  • Visita persoal  CNOO de Galicia.
  • Información sobre busca de emprego e emprendemento.
  • Bolsa de traballo
  • Sesión informativa de orientación sobre oferta de formación de posgrao.

Actuacións de aplicación xeral para todo o estudantado

Manteranse informados a todos/as alumnos/as das convocatorias que lles poidan ser de interese a través da delegación do alumnado. Accións de seguimento: En cada un dos cursos o/a coordinador/a de curso poñerase en contacto co/a alumno/a delegado/a de curso e profesorado que corresponda, a metade e ao final de cada semestre.

Formación extracurricular en óptica-optometría

Ao longo do curso organizarase un programa de conferencias e charlas, que poñan en contacto aos estudantes co ámbito profesional e empresarial do sector, así como charlas de contido científico.

A difusión do PAT realizarase a través de tres vías:

  • Guía de cada titulación. Incluirase o PAT da Facultade de Óptica e Optometría na guía do centro.
  • Sesións de acollida. Nas sesións de acollida organizadas polo equipo decanal ao comezo de curso informarase o alumnado da existencia do PAT.

A avaliación realizarase ao finalizar o curso académico, a través de enquisas propias do centro que serán analizadas na Comisión de título e informadas na Comisión de Calidade.

Esta avaliación servirá fundamentalmente para recoller as dificultades e problemas da aplicación do PAT e as suxerencias de mellora, co fin de adaptalo ás características e necesidades do estudantado do Grao en Óptica e Optometría e do Máster en Optometría.

Alumnos titores

A figura do alumno/a titor/a é a dun estudante «veterano» que, fundamentalmente, orienta e apoia ao novo estudantado que se incorpora a un centro e titulación da USC para facilitarlle a súa mellor integración no ámbito universitario.

As súas funcións son:

  • Apoiar, informar e orientar ao alumnado na súa integración
  • Darlle atención individual e colectiva no momento de acollida na Facultade, informándolles da estrutura física, organizativa e funcional
  • Informarlle da estrutura da titulación: cursos, materias, profesores, horarios de clases...
  • Informarlle, orientalo e estar á súa disposición para dirixilo aos órganos e instancias do centro ou da USC máis apropiadas para xestionar as súas dúbidas, problemas, etc.
  • Informarlle das convocatorias dos programas europeos, nacionais e internacionais, que serven de complemento formativo.
  • Recoller as súas suxerencias, queixas, opinións e trasladalas ao equipo de dirección do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2023.