Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Facultade de Óptica e Optometría
Facultade de Óptica e Optometría

A Facultade de Óptica e Optometría da USC é un centro docente e investigador, situado no Campus Vida, e que conta coas instalacións idóneas para o adestramento en competencias fundamentais para o desenvolvemento profesional do futuro titulado, nunha disciplina de atención primaria, que se ocupa do coidado da saúde visual. O Centro oferta estudos de Grao en Óptica e Optometría. Ademais sostense un labor investigador de primeiro nivel internacional no ámbito da saúde a través da actividade do grupo de Optometría e o grupo de Superficie Ocular e Lentes de Contacto; ademáis os grupo de Microóptica e Óptica Grin, Óptica Integrada, Fibras Ópticas e Metroloxía Óptica; Microóptica e Sensores de Onda desenvolven no centro actividades de investigación no ámbito experimental. A Facultade acolle ademais a Clínica de Optometría da USC, o Servizo de Optometría, fundamental para a realización das prácticas clínicas das titulacións que se imparten no centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2024.