Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Dobre Grao en Farmacia e en Óptica e Optometría

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Farmacia
Avenida de Vigo, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814993 (Conserxaría)
881814906 (Decanato)
farmacia.decanato@usc.es
Facultade de Óptica e Optometría
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813510 (Conserxaría)
881813516 (Decanato)
facultade.opticaeoptometria@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O dobre grao en Farmacia e Óptica e Optometría busca formar expertos, tanto en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, como formar profesionais altamente cualificados para ao coidado da atención primaria da saúde visual, consonte as Directivas Europeas referentes ás titulacións, tanto de Farmacia como de Óptica e Optometría.Ambos graos contan coa suficiente interelación para conseguir facer viable o itinerario dunha dobre titulación. As competencias que adquiren en conxuntos os estudantes permitiralles contar cun perfil profesional máis versátil ampliando os ámbitos nos que poden desenvolverse.

  • Duración: 6 anos académicos
    Código RUCT: 7000777
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    María de los Reyes Laguna Francia

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Habilitación profesional:
    Este título habilita para o exercicio das profesións reguladas de Farmacéutico e Óptico-Optometrista.

    Os graos de Farmacia e Óptica e Optometría contan coa suficiente interrelación para facer viable o itinerario dunha dobre titulación. As competencias que adquiren en conxunto os estudantes permitiranlles contar cun perfil profesional máis versátil ampliando os ámbitos nos que poden desenvolverse.

  • -

  • Non se contemplan

  • A Facultade de Farmacia conta con 10 aulas de propósito xeral, con diversa capacidade. Dispón tamén de 9 aulas de seminario, cunha capacidade aproximada de 40 persoas, así mesmo, conta cuns 20 laboratorios, cunha capacidade mínima de 20 postos. Ademais conta con dúas aulas de informática para a docencia.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    Unha aula de informática de acceso libre que está dotada con ordenadores.
    Dúas salas de estudo.

    O centro dispón dunha Biblioteca, que consta dunha sala de lectura con máis de 200 postos.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Facultade de Óptica e Optometría conta con 6 aulas de docencia de propósito xeral, 1 Laboratorio para Materias Básicas, 1 Laboratorio de Óptica, 1 Taller de Óptica Oftálmica, 1 Laboratorio de Materiais Ópticos; xunto con 5 Gabinetes de Optometría, 3 Gabinetes de Contactoloxía e 1 sala de Rehabilitación Visual e Baixa Visión, así coma 1 Sala Multiusos para Optometría.

    O centro dispón ademais de servizos asistenciais autorizados:

    * Clínica de Optometría (Centro Sanitario Autorizado pola Consellería de Sanidade con nº: C-15-002430 para atención clínica a pacientes; no que se imparten as materias clínicas específicas da titulación (Clínica Optométrica I – Clínica Optométrica II –Clínica Optométrica III), dotado con 3 Gabinetes de Exploración Clínica e unha zona de investigación clínica .

    * Servizo de Perda Sensorial Dual (Rexistro de Centros Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia co número E-15-001297 para atención e cribaxe de adultos maiores e nenos).

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha Aula de Informática de acceso libre, dotada con ordenadores.

    A Biblioteca conta cunha sala de lectura con capacidade para mais de 110 alumnos, dependente da Biblioteca Intercentros Facultade de Física – Facultade de Óptica e Optometria.

  • O dobre grao en Farmacia e Óptica e Optometría busca formar expertos, tanto en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, como formar profesionais altamente cualificados para ao coidado da atención primaria da saúde visual, consonte as Directivas Europeas referentes ás titulacións, tanto de Farmacia como de Óptica e Optometría.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Os requisitos que debe cumprir o alumno para cursar a materia de Prácticas Tuteladas de Farmacia son ter superado, polo menos, 243 créditos, dos que polo menos 237 sexan obrigatorios.

    As prácticas tuteladas de Óptica, cunha carga de 15 ECTS, teñen como obxecto proporcionar ao alumno a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos. Preténdese que o futuro óptico-optometrista se integre no ámbito profesional, preparándoo para realizar actividades ás que se van dedicar no seu futuro exercicio profesional.

    Os requisitos que debe cumprir o alumno para cursar a materia de Prácticas Tuteladas de Óptica e Optometría son ter superados os tres primeiros cursos da titulación, e as materias obrigatorias do 4º curso.

  • O alumnado deberá cursar un traballo fin de grao de 6 créditos correspondente á titulación do Grao en Farmacia e outro de 9 créditos correspondente ao Grao en Óptica e Optometría

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2025.