Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Óptica e Optometría

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Óptica e Optometría
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813510 (Conserxaría)
881813516 (Decanato)
facultade.opticaeoptometria@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de optica

O título de Grao en Óptica e Optometría ten como obxectivo formar profesionais de Atención Primaria altamente cualificados para o coidado da Saúde Visual, que desenvolvan actividades dirixidas á prevención, detección, avaliación e tratamento das disfuncións da visión.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502224
    Número prazas: 55

    Decano/a ou director/a do centro:
    María Jesús Giráldez Fernández
    mjesus.giraldez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Carlos Garcia Resua

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)

    Data de publicación no BOE:
    19 de febreiro de 2011

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Óptico-Optometrista.

    O título de Grao en Óptica e Optometría pola USC ten como obxectivo formar titulados altamente cualificados para Atención Primaria da Saúde Visual.

    Para isto é necesario levar a cabo actividades dirixidas á prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións da visión, que dean resposta ás demandas da sociedade.

    O alumnado desenvolve destrezas capaces de valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional, e adquirindo a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e no uso eficiente dos recursos sanitarios.

  • Non se contemplan mencións.

  • A facultade, ademais de contar coas aulas de docencia expositiva, de seminarios e dunha aula de informática, conta con diferentes laboratorios para a docencia práctica de materias básicas e materias de óptica. Para as prácticas mais profesionalizantes disponse dun laboratorio de Óptica Oftálmica, así como dos gabinetes de Optometría, de Contactoloxía, de Rehabilitación Visual e Baixa Visión, nos que se imparte a docencia preclínica relacionada con perfil profesional da titulación.

    Cabe destacar que na Facultade de Óptica e Optometría localízase o Servizo de Optometría, que é a Clínica de Optometría da USC. Trátase dun Centro Sanitario Autorizado pola Consellería de Sanidade con nº: C-15-002430 no que se imparte a docencia clínica e específica da titulación, e na que os alumnos participan da atención optométrica a pacientes baixo a supervisión dun profesor.

    Ademais, na facultade tamén se prestan servizos asistenciais autorizados na Unidade de Perda Sensorial Dual (nº: E-15-001297).

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, entre outros, para as reunións e actividades dos membros da Delegación de alumnos.

    A Biblioteca conta cunha sala de lectura con capacidade para mais de 110 alumnos

  • O título de Grao en Óptica e Optometría pola USC ten como obxectivo formar titulados en Óptica e Optometría altamente cualificados para o coidado da saúde visual mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas á prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións da visión, que dean resposta ás demandas da sociedade

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Tuteladas
    As Practicas Tuteladas constitúen unha materia obrigatoria no curriculum do Grao en Óptica e Optometría que teñen como obxecto proporcionar ao alumno a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos de acordo coas competencias que marca a ficha ministerial. Preténdese que o futuro óptico-optometrista se integre no ámbito profesional, preparándoo para realizar actividades ás que se van dedicar no seu futuro exercicio profesional.
    Poderanse realizar en establecementos sanitarios de óptica, centros de saúde, clínicas, hospitais e empresas do sector.
    Para poder matricularse será necesario superar os tres primeiros cursos do grao.

  • Os traballos fin de grao consistirán na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2025.