Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG  en Farmacia consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa.

O TFG conta con 6 créditos ECTS  de carácter obrigatorio.

Convocatoria TFG en Farmacia

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.06.2024.